spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Val Miñor celebrou a Gala da I Primavera Videoliteraria

O Val Miñor celebrou a Gala da I Primavera Videoliteraria

O Val Miñor celebrou a I Gala da Primavera VideoliterariaFuente: Información e Fotografías de IEM

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), a súa sección PUGA (Promoción do Uso do Galego) e as alcaldías de Gondomar, Baiona e Nigrán, celebraron o venres 28 de maio ás 19:30h, a Gala da I Primavera Videoliteraria do Val de Miñor e a entrega de premios ás 22 gañadoras deste concurso celebrado no auditorio Lois Tobío en Gondomar en evento pechado por mor da COVID.

Entre as modalidades de  videopoesía e videorrelato repartíronse  preto de 4000 euros en premios, aportados polas alcaldías citadas e que na súa maioría (todas as categorías a excepción de Carballo) foron premios en vales que reverterán no fomento do consumo local, conseguindo así os dous obxectivos de fomentar a creación literaria e artística e por outra banda favorecer o consumo local.

Nos vindeiros días publicaremos nas redes sociais do IEM os vídeos premiados nas distintas modalidades.

Os premiados foron os seguintes:

VIDEOPOEMA

C. CARBALLO

1º OURO-A meta Lucía García Giráldez

2º PRATA- Palimpsesto de Raúl Costas Pereira

ACCESIT –Cosmocidas de Raúl Costas Pereira

ACCESIT- Recordas de  Arancha Rodríguez Fernández e Emilio José Carral López

ACCESIT-Fíos e novos tecidos de Anubis Muñoz Orta

ACCESIT- Somos auga de Clara María Seco Pérez e José Pereira Silva

C. XABARIL

1º OURO-Lémbrame de Nuria Costas Misa

2º PRATA-  Muller de Itziar Misa Da Cuña

ACCESIT –A primavera de Lois Cruces Pérez

C.TEIXO

1º OURO-Que farei de maior? de Héctor Costas Misa

2º PRATA-  Nube de algodón de Brenda González Lesme

ACCESIT-Branco coma a espuma de Isabella Martínez Villero

ACCESIT-Soños cumpridos de Anxo Lorenzo Misa

ACCESIT-Unha brisiña de Nerea Carvalho Figueiró

C. BOLBORETA

1º OURO-Os avós da miña vida de Xosé Lorenzo Misa

VIDEORRELATO

C. CARBALLO

1º- OURO-A Ghallarda de José Troncoso Barros

2º- PRATA- Formigas de Laura Rodríguez Manso

ACCESIT-Ollos de mar de M. Carmen Alonso González

ACCESIT-Unha vaca de Raúl Costas Pereira

C. XABARIL

1º- OURO-Contraste de Nuria Costas Misa

C.ESQUÍO

1º- OURO-Salvemos o planeta de Alexandra Alfaro Pérez

2º- PRATA- O xardineiro Pepe de Carlota Fontelo Araújo

- Publicidade -spot_img