spot_img
InicioBaixo MiñoO tudense Raúl Mansinho, Campión de España Infantil de Campo a Través...

O tudense Raúl Mansinho, Campión de España Infantil de Campo a Través da FEDDI

 

o-tudense-raul-mansinho-campion-de-espana-infantil-de-campo-a-traves-da-feddi

Participou co Club San Xerome Emiliani no Campionato de España de Campo a Través disputado no circuito do Campo do Palacio da Magdalena de Santander

Este xove tudense acadou a primeira posición na categoría infantil na que foi a súa primeira participación nun campionato. 

Raul Mansinho viaxou a Santander xunto aos seus compañeiros do Club San Xerome Emiliani, Borja Cadilla, Fabián González, Luís Antonio Sández, Óscar Moure e Maite Santos, que obtiveron un excelente resultado ao acadar a medalla de bronce na categoría absoluta masculina de equipos.

En nota de prensa aos medios, o Concello de Tui felicita ao deportista tudense, polo título logrado de Campión de España de Campo a Través da FEDDI, (Federación Española de Deportes para persoas con Discapacidade) e a fai extensiva tamén a súa felicitación aos integrantes do Club San Xerome Emiliani, deportistas e adestradores, polos excelentes resultados acadados no campionato de España, celebrado o 30 de xaneiro no Campo do Palacio da Magdalena de Santander, e polo traballo que realizan no club ao longo de estes anos.

 

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.