spot_img
InicioVal MiñorBaionaBaiona acollerá a II Milla Solidaria Anemia de Fanconi

Baiona acollerá a II Milla Solidaria Anemia de Fanconi

baiona-acollera-a-ii-milla-solidaria-anemia-de-fanconiA carreira, organizada pola Asociación Española de Anemia de Fanconi en colaboración cos tres concellos da comarca, celebrarase o 28 de febreiro, coincidindo co Día Mundial de Enfermidades Raras.

O alcalde de Baiona, Angel Rodal , presidiu hoxe a presentación da II Milla Solidaria Anemia de Fanconi, nun acto celebrado no salón de actos municipal no que tamén estivo presente a deputada provincial, Consolo Bicada Lores, Óscar Fernández, director técnico federación galega de atletismo, o alcalde de Nigrán, Juan González Pérez, o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, así como diversos concelleiros do equipo de goberno de Baiona e Gondomar. O salón de plenos do Concello de Baiona estaba cheo de familiares e nenos da Asociación Española de Anemia de Fanconi.

Belén Iglesias e Silvia Comesaña, nais de nenos que padecen a enfermidade, explicaron detalladamente aos presentes en que consiste esta doenza.

baiona-acollera-a-ii-milla-solidaria-anemia-de-fanconiO evento celebrarase en Baiona o vindeiro sábado 28 de febreiro, unha iniciativa solidaria organizada pola Asociación Española de Anemia de Fanconi, en colaboración cos tres concellos da comarca, a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia, entre outros patrocinadores.

A Milla Anemia de Fanconi é un proxecto totalmente solidario, xa que a organización doará o 100% da recadación da carreira á Asociación Española Anemia de Fanconi, co fin de axudar no labor que realiza esta asociación, como dar a coñecer esta patoloxía, considerada dentro do grupo de enfermidades raras.

En Galicia existen cinco casos diagnosticados de Anemia de Fanconi, todos eles relacionados con familias do Val Miñor, motivo polo cal a organización seleccionou este emprazamento para a celebración da carreira.

Descrición da carreira

O circuíto situarase na Avda. Julián Valverde, entre a travesía interior de Sabarís, cun percorrido apto para todas as categorías desde pitufos ata veteranos. A distancia do mesmo oscilará entre os 150 metros e os 1.609 metros -unha milla-, dependendo da categoría para disputar

Os dorsais serán facilitados pola organización o sábado 27 de febreiro de 16.00 a 20.00 horas na Praza de Abastos de Sabarís (Baiona), e o mesmo día da carreira, a partir das 9.30 horas.

Novidade

Milla pola integración

* Este ano, como novidade e colaborando estreitamente con varias asociacións, farase unha carreira adaptada en cadeira de rodas de 800 metros de distancia á que denominamos MILLA POLA INTEGRACIÓN coas seguintes modalidades: Cadeiras eléctricas, Cadeiras de rúa e de Atletismo. Nesta carreira poderán participar tamén persoas non discapacitadas para que poidan comprobar por se mesmos a dificultade de moverse en cadeira de rodas. Para iso deberán poñerse en contacto coa organización enviando un email a: millasolidariafanconi@gmail.com

Inscricións

Faranse a través da pagina web Carreiras Galegas e presencialmente na Piscina Val Miñor Serviocio en Nigrán, en baiona-acollera-a-ii-milla-solidaria-anemia-de-fanconiDeportes Athletics en Avda. Balaidos 41 Vigo e en Bikila Vigo antes do mércores día 24 de febreiro de 2016.

* Os nenos da categoría de Pitufos (ano 2011 en diante) poderán correr acompañados dos seus pais nunha carreira non competitiva. Para iso poderán facelo adquirindo o Dorsal Solidario (Dorsal 0), ou ben co mesmo dorsal da Milla de adultos.

As inscricións que se realicen na web Carreiras Galegas, efectuarán o pago da mesma, vía online, mentres que as inscricións presenciais poderán facer o pago na Piscina Val Miñor Serviocio, en Deportes Athleticsy en Bikila Vigo no momento de realizar a inscrición.

II Milla Reglamento

- Publicidade -spot_img