Inicio Pontevedra Gondomar recibe este ano case 900.000 euros do Plan Concellos da Deputación...

Gondomar recibe este ano case 900.000 euros do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

gondomar-recibe-este-ano-case-900-000-euros-do-plan-concellos-da-deputacion-de-pontevedra

O Concello do Val Miñor recibe este ano case 900.000 euros do Plan Concellos da institución provincial, un 24% máis que no 2015. 

Na súa primeira visita oficial a Gondomar, a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, garantiu ao alcalde, Francisco Ferreira, a máxima colaboración da institución para estudar algún dos proxectos que o concello ten previstos para esta lexislatura.  O municipio do Val Miñor recibe este ano 875.932 euros dentro do reparto equitativo do Plan Concellos da Deputación, 170.000 euros máis que non pasado ano 2015, un 24% máis.

O Goberno de Carmela Silva estudará a súa colaboración cos dous proxectos estrela do municipio: a reforma da Praza do Concello e o traslado do campo de fútbol de Vincios

Silva explicou o novo modelo provincial que terminou coa discriminación na repartición do financiamento “de tal forma que agora todos os concellos da provincia saben con canto diñeiro van contar e que, ademais, realizouse por primeira vez con criterios obxectivos e transparentes”. Precisamente, Gondomar foi un dos primeiros concellos da provincia que solicitou financiamento para a contratación de 19 traballadores a fin de responder as necesidades deste municipio do Val Miñor, dentro do novo plan de emprego que ampliou o número de horas, subiu os salarios e modificouse para adecuarse á organización do traballo nos concellos. En concreto serán 3 peóns medioambientais, 1 palista e 15 peóns de obras públicas

A reunión de traballo cos membros do goberno municipal desenvolveuse nun clima de total cordialidade e procura de fórmulas de entendemento na que a Presidenta valorou a posibilidade de que a Deputación poida colaborar nalgúns dos proxectos que o Concello de Gondomar plantexa poñer en marcha nesta lexislatura. Os dous máis importantes son a realización de estudos para a humanización e reordenación da Praza do Concello e o futuro traslado do campo de fútbol de Vincios fora do Polígono industrial da Pasaxe no que actualmente desenvolven a súa actividade preto de 200 empresas e 3000 traballadores.

A Deputación de Pontevedra tamén estudará a posibilidade de colaborar na elaboración do deseño doutros proxectos que expón o Concello como a futura ampliación do Pavillón, a humanización da Praza da Igrexa, a mellora do estacionamento no Colexio de Peitieiros ou o peche do recinto do Colexio de Vincios.

Así mesmo, a Presidenta explicou ao alcalde Ferreira as melloras introducidas na política de anticipos aos concellos que, cun interese do 0%, poden dedicar ese diñeiro a investimentos prioritarios para as súas veciñas e veciños e os detalles do Plan Móvete ao que Gondomar tamén presentou as melloras que se acometerán na rede de estradas provinciais que pasan polo municipio.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies