spot_img
InicioVal MiñorNigránO deterioro do ecosistema dunar de Panxón e Praia América chegará ao...

O deterioro do ecosistema dunar de Panxón e Praia América chegará ao Parlamento de Galicia

o-deterioro-do-ecosistema-dunar-de-panxon-e-praia-america-chegara-ao-parlamento-de-galicia

O Concello xa solicitou asesoramento a docentes expertos en sistemas dunares da Universidade de Vigo e outras institucións para buscar unha solución

O deterioro do ecosistema dunar de Panxón e Praia América chegará ao Parlamento de Galicia ante a negativa da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de ofrecer asesoramento ao Concello de Nigrán para solventar, con garantías técnicas, o impacto que está a ocasionar o desvío da canle do río Muíños no areal.

O alcalde de Nigrán entregou un informe ao vicepresidente da Xunta sobre  o impacto que está a ter no areal o cambio do curso do río Muíños

“Queremos que a Xunta de Galicia entenda que cómpren actuacións urxentes neste espazo natural, xa que o seu deterioro vai en aumento, sobre todo, estes días coas intensas chuvias que estamos a sufrir”, explica o alcade do municipio, Juan González. Neste sentido, o rexedor sinala que entregou un informe ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para trasladarlle persoalmente o problema e solicitar colaboración institucional co obxectivo de frear a degradación deste ecosistema.

Dende o departamento autonómico xustifican a súa negativa a realizar un estudo técnico sobre como actuar no areal -tal e como solicitou o alcalde hai quince días- sinalando que a conservación das dunas corresponde á Administración local, ao ser declaradas de forma provisional Espacio Natural de Interese Local (ENIL) en 2014.

É por isto que o grupo municipal xa empezou a traballar no asunto e, tal e como anunciou González no último pleno do Concello, contactou co director-conservador do Parque Nacional das Illas Atlánticas, José Antonio Fernández Bouzas, e con profesores expertos en sistemas dunares da Universidade de Vigo e outras institucións para solicitarlle a elaboración dun informe sobre o impacto que está a ter o río Muíños neste espazo.

“Unha vez que dispoñamos da valoración técnica destas especialistas, esperamos poder actuar coa maior celeridade posible na solución a este problema e protexer o sistema dunar”, conclúe González.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.