spot_img
InicioVal MiñorNigránMáis de medio centenar de usuarios participan no concurso de Entroido de...

Máis de medio centenar de usuarios participan no concurso de Entroido de centros de día do Val Miñor

mais-de-medio-centenar-de-usuarios-participan-no-concurso-de-entroido-de-centros-de-dia-do-val-minor

Máis de cincuenta usuarios participaron no concurso de Entroido de centros de día do Val Miñor, celebrado esta mañá no auditorio municipal de Nigrán. A cita congregou a persoas do centro residencial Vila do Conde, da residencia Bo día, dos centros de día Botando unha Man e do mancomunado do Val Miñor, que protagonizaron actuacións inspiradas en distintas temáticas.

O xurado, composto por edís municipais de Nigrán e Baiona, entregou o primeiro premio a “Hai un galego na lúa”, de Vila do Conde e o segundo a “A boda xitana”, do centro de día mancomunado do Val Miñor. Houbo ademais dúas mencións especiais, unha a “Imos de Romería”, de  Botando unha Man, pola súa escenografía, e outra aos “Cociñeiros” da residencia Bo día pola súa simpatía. A xornada tamén contou coa presenza da Asociación Cultural de Baíña e do Trío Azar, que amenizaron o acto.

mais-de-medio-centenar-de-usuarios-participan-no-concurso-de-entroido-de-centros-de-dia-do-val-minor

- Publicidade -spot_img