Inicio Val Miñor Nigrán O trailer da reciclaxe fai parada en Nigrán para informar e fomentar...

O trailer da reciclaxe fai parada en Nigrán para informar e fomentar de xeito ameno, as boas prácticas no tratamento dos residuos

o-trailer-da-reciclaxe-fai-parada-en-nigran-para-informar-e-fomentar-de-xeito-ameno-as-boas-practicas-no-tratamento-dos-residuosEste dispositivo divulgativo e lúdico forma parte da campaña “Oportunidades Galicia: separemos ben, reciclaremos mellor” e estará atendido por educadores medioambientais, ademáis de complementarse con xogos para nenos e maiores

O Campo das Redes (frente as pistas de tenis de Panxón) acolle mañá mércores de 16:00 a 20:00 horas  o trailer informativo da campaña “Oportunidades Galicia – Separemos ben, reciclaremos mellor” da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e na que colabora Ecoembes, Sogama e, neste caso, o Concello de Nigrán.

Este dispositivo divulgativo e lúdico busca fomentar na cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como oportunidade para acadar os beneficios ambientais e económicos derivados da correcta separación e reciclaxe. Atendido por educadores medioambientais, leva aparelladas diversas actividades coas que se pretende informar, formar e concienciar aos cidadáns na súa correcta xestión e proporcionalles as pautas necesarias para  aplicar cada día o principio europeo dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), cimento do modelo de desenvolvemento definido pola economía circular.

As actividades proxectadas desde o tráiler, e adaptadas a maiores e pequenos, serán complementadas con outros elementos tales como un inchable, canastas e diversos xogos para goce dos participantes, compaxinando desta forma a aprendizaxe co lecer e a diversión. Este punto de encontro servirá tamén para que os interesados poidan despexar dúbidas e preguntar aquelas cuestións encamiñadas a solventar posibles erros. Ademais, os que así o desexen, terán a oportunidade de someterse, de forma anónima e voluntaria, a enquisas de coñecementos e satisfacción nas que deixarán constancia dos seus comentarios, observacións e opinións.

Os monitores insistirán na importancia que ten o consumo responsable de cara a reducir a produción de lixo en orixe, así como na necesidade de aproveitar ao máximo os produtos de cara a alongar a súa vida útil. Tamén se deterán en explicar os pormenores do sistema de recollida selectiva, concretando o que debe e non debe ser depositado en cada un dos contedores habilitados nas vías públicas: amarelo, para latas, briks e envases de plástico; azul, para envases de cartón e papel; iglú verde, para envases de vidro; recipiente específico para pilas; e contedor verde convencional, para a fracción resto, que Sogama transforma, dende o máximo respecto medioambiental, en enerxía eléctrica suficiente para abastecer ao 12% dos fogares galegos; un sistema co que se pretende poñer en valor aquela parte dos refugallos que non se pode reutilizar nin reciclar e que, de non ser recuperada enerxeticamente, acabaría desperdiciada en vertedoiro, co conseguinte impacto negativo sobre a contorna e a saúde.

 

 

 

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies