spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Startup Congress Galicia en Zona Franca reúne a dous mil persoas...

O Startup Congress Galicia en Zona Franca reúne a dous mil persoas interesadas en novos proxectos

O Startup Congress Galicia en Zona Franca reúne a dous mil persoas interesadas en novos proxectosO delegado do Estado, David Regades; o alcalde de Vigo, Abel Caballero e os co-organizadores, Lalo García e Frankie Gómez, abriron o maior evento de investimento en Galicia

Ao redor de dous mil persoas rexistradas, máis de 500 de forma presencial e o resto en liña, avalan o éxito da edición postpandemia do Startup Congress Galicia, que se celebra hoxe e mañá na sede de Zona Franca de Vigo, o maior evento de investimento en Galicia. O delegado do Estado, David Regades; o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e os co-organizadores, Lalo García e Frankie Gómez, abriron o congreso, que encherá Vigo de innovación, novos proxectos, networking, startups, emprendemento, investidores de toda España e moita actividade.

David Regades asegurou que “o apoio aos emprendedores está no noso ADN porque elas e eles son o inicio de grandes proxectos, de tecido empresarial e de economía. De todo iso en Vigo sabemos un pouco”, sinalou. Neste sentido lembrou as ferramentas do Consorcio ao dispor dos emprendedores, como ViaGalicia, ViaExterior ou a incubadora High Tech Auto.

Startup Congress Galicia é o maior evento na comunidade que reúne a estes proxectos. Acolle durante dous días a todas as aceleradoras galegas e a máis de 50 fondos de investimento, cun amplo programa de charlas e mesas redondas, varias salas simultáneas con relatorios, mesas de debate e presentacións a investidores.

As actividades comezaron hoxe xoves 31 con varias mesas onde se vai a analizar o futuro da industria, do retail, do deporte, a innovación, a banca, a saúde, a loxística e a enerxía. Alí debaterase entre actores de cada sector e entre os relatores estarán empresas como Estrela Galicia, Zelnova Zeltia, Selmark, Abanca, Altia, Marsan, Kaleido ou Reganosa, así como os clubs Celta, Obradoiro e Deportivo.

De forma paralela, o xoves, hai varias presentacións de fondos, entre elas un fondo biotech, así como mesas de investidores e presentacións por parte de proxectos que buscan investimento. Tamén workshops moi variados que profundarán en cuestións básicas para as startups, como a preparación da entrada de capital de socios investidores, aprender a presentar un proxecto, como protexer unha innovación, a comunicación e as relacións públicas para estes proxectos ou a internacionalización.

Mañá venres 1 de abril están previstas varias masterclass con emprendedores de éxito. Estará Hugo Arévalo, o Rey Midas do emprendemento español, con JobTalent e ThepowerMBA, e que conta cunha carteira que xa superou as 30 compañías, algunhas tan destacadas como Cabify ou Glovo. Tamén estará Luís do Pozo, CEO de Legalitas, decidido a revolucionar o sector legal: “Queremos ser o Netflix dos avogados”, asegura. Así mesmo, contarán con Héctor Estévez, CEO da firma viguesa Centum, que vendeu a Canadá un sistema para rescates.

As aceleradoras Viagalicia, BFAero, BFAuto, Celta Labs, Abanca Innova, BFFood, High Tech Auto e Connector Startp Accelerator presentarán as súas mellores empresas aceleradas a un extenso grupo de investidores.

Xa para terminar a xornada do venres, o Startup Congress Galicia acollerá a Laconnetwork, que xorde como reunión espontánea de emprendedores relacionados coas TIC e que evolucionou ao maior evento de emprendedores de Galicia.

- Publicidade -spot_img