spot_img
InicioO MorrazoMarínO Servizo Galego de Saúde asinou o contrato para a construción do...

O Servizo Galego de Saúde asinou o contrato para a construción do centro de saúde de Marín

Lourdes-Vilachán-Directora-Xunta-Servizo-Galego-Saúde-asinou-contrato-construción-centro-saúde-MarínA directora xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde, Lourdes Vilachán, e o representante da empresa Dragados, SA, Pablo Fernández, asinaron hoxe, no Edificio Administrativo da Consellería de Sanidade, o contrato para a construción dun centro de saúde en Marín, cofinanciado ao 80% polo programa operativo Feder 2007-2013. O importe da obra é de 5.201.837 euros e o prazo de execución de 14 meses.

Os espazos máis importantes recollidos no programa funcional do centro son, na área de medicina xeral e enfermería, 12 consultas de medicina xeral, 11 de enfermería, unha para docencia, unha polivalente, un despacho para o traballador social, unha consulta de telemedicina, unha sala de tomas de mostras, outra sala de técnicas, 1 consulta de odontoloxía, outra para hixiene dental, outra de farmacia, unha sala de raios X compartida co PAC, unha consulta da muller, unha para a matrona, unha sala de educación para a saúde, unha sala para fisioterapia con 4 cabinas de tratamento, unha consulta de fisioterapia, un despacho para xestión e outro para o coordinador.

Na área de pediatría, haberá 4 consultas de pediatría, 1 polivalente de pediatría e 4 de enfermería pediátrica.

Na área de urxencias (PAC), haberá 3 consultas de medicina xeral, 2 de enfermería, 3 dormitorios para o persoal de garda, unha sala de críticos e unha sala de observación. Outros servizos dos que disporá serán a biblioteca, sala de xuntas, sala de estar, almacéns, arquivo, etc.

- Publicidade -spot_img