spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Museo da Navegación de Baiona abrirá as súas portas unha semana...

O Museo da Navegación de Baiona abrirá as súas portas unha semana antes da Festa de Arribada

A apertura do Museo da Navegación de Baiona xa ten data. Será o domingo 1 de marzo, o mesmo día pero 522 anos despois de que Martín Alonso Pinzón atracase no porto baionés a bordo da Carabela Pinta traendo consigo a noticia do Descubrimento.

O alcalde Jesús Almuiña mantivo que se trata dunha data estratéxica que dará máis valor, se cabe, ao momento no que as portas da casa Carvajal abran ao público para compartir con todos os veciños e visitantes a historia da vila desde o mar e do achado do Novo Continente.

A pesar de que as instalacións museísticas atópanse rematadas e listas para comezar coa súa actividade, desde o Concello preferiron esperar a que se finalicen os traballos de remodelación dos seus xardíns para que no momento da inauguración todo estea a punto, unha semana antes da tradicional Festa de Arribada que este ano se celebrará os días 6,7 e 8 de marzo.

Museo-Navegación-Baiona-abrirá-portas-Festa-Arribada-celebrará-días-6,7 e 8 -marzo

Fragmentos dunha ánfora romana do Século I; o Scarlet Knight, un robot submarino non tripulado que cruzou en 2009 o océano atlántico en algo máis de 200 días; mapas cartográficos do Século XVI ou as famosas culebrinas achadas a mediados dos 80 nas costas de Oia, son algúns dos elementos de máis interese da mostra aínda que non son os únicos.

Museo-Navegación-Baiona-abrirá-portas-Festa-Arribada-celebrará-días-6,7 e 8 -marzo

O percorrido polo interior do inmoble, distribuído en dous pisos e varias estancias, facilitará a comprensión de como foi evolucionando a vila desde o Século XV, así como todos os aspectos marítimos que permitiron situar ao porto baionés como un dos máis importantes do territorio nacional coincidindo co reinado de Fernando e Isabel a Católica.

Mostra da súa importancia son a gran cantidade de pezas de diferentes colonizaciones atopadas na baía baionesa, incluso un pecio do Século XVI que aínda descansa no leito mariño e que foi localizado durante os traballos de ampliación do peirao

Pablo Fernández Estévez

- Publicidade -spot_img