spot_img
InicioCondado ParadantaO Serradoiro dos Carranos, en Covelo, abre as súas portas esta fin...

O Serradoiro dos Carranos, en Covelo, abre as súas portas esta fin de semana para acoller unha actividade guiada

Serradoiro dos Carranos, un complexo preindustrial de principios do século XXO Serradoiro dos Carranos abre as súas portas para acoller unha nova visita guiada totalmente gratuíta. Será este domingo día 14 e para participar debemos inscribirnos no número de teléfono que xestiona o guía de montaña e biólogo, Julio Eiroa, 654 500 652.

Revista Cousas de nº21

As visitas guiadas ao serradoiro enmárcanse na programación conxunta de promoción turística e do patrimonio cultural e natural. No marco do proxecto RíosAldeasMontañas deséñanse rutas, observación das estrelas nas catro estacións e saídas didácticas para escolares, todas elas de balde e financiadas polo Concello co apoio da Deputación de Pontevedra. Promover hábitos de vida saudables e difundir a riqueza patrimonial e medioambiental do Concello de Covelo é o obxectivo destas actividades, así o explica a Concelleira de Cultura, Lourdes Enes.

A programación anual do Concello de Covelo permite á cidadanía gozar dunha oferta de lecer estable e organizada que pon en valor o patrimonio cultural e natural.

O serradoiro dos Carranos

O Serradoiro dos Carranos utiliza a forza motriz da auga para move-la serra e foi construído aproximadamente no 1922, coincidindo curiosamente coa construción da central hidráulica de Chicoreiras, que producía a luz para o entorno. A súa construción fíxose en pedra e escavando a rocha do lugar aínda que despois foi reconstruido en ladrillo.

O conxunto do serradoiro consta de catro edificacións: o serradeiro propiamente dito, un sequeiro e almacén de madeira, unha pequena forxa e un pequeno almacén. Tamén podemos apreciar un pequeno forno para a queima de residuos e os raís para o transporte de madeira ata o interior do serradoiro. A dedicación principal deste conxunto era a fabricación de carros, dedicación á que debe o nome o serradoiro e razón pola cal podemos atopar unha forxa, xa que as ferraxes para estes carros tamén se forxaban aquí. A localización do serradoiro tamén ten que ver con esta dedicación xa que se sitúa á beira do camiño empedrado que levaba a Ourense, polo que pasa hoxe en día o sendeiro.

- Publicidade -spot_img