spot_img
InicioO MorrazoMarínO Sergas remata os trámites para iniciar a obra de construción do...

O Sergas remata os trámites para iniciar a obra de construción do novo Centro de Saúde de Marín

Sergas-remata-trámites-iniciar-obra-construción-novo-Centro-Saúde-MarínA obra, que está previsto que se leve a cabo nun prazo de 14 meses, conta cun orzamento de 5,2 millóns de euros

O Sergas ven de rematar os trámites para a construción do centro de saúde de Marín coa formalización da acta de comprobación de replanteo, de xeito que dá comezo a obra de construción, tras asinarse o contrato de obra entre o Servizo Galego de Saúde e a empresa Dragados, SA o pasado día 22 de xaneiro.

O xerente do Servizo Galego de Saúde, Antonio Fernández-Campa, visitou esta mañá os terreos onde se edificará este centro de saúde, acompañado da alcaldesa do concello de Marín, María Pilar Ramallo; o delegado da Xunta, José Manuel Cores; o xerente de Xestión Integrada, José Manuel González; e a xefa territorial de Sanidade, Ángeles Feijoo-Montenegro.

O orzamento da adxudicación é de 5.201.837 euros para un superficie construída de 3.779 metros cadrados. O centro está cofinanciado con fondos FEDER e enmárcase na Estratexia Sergas 2014 de modernizar as infraestruturas da rede de Atención Primaria para mellorar a asistencia prestada á cidadanía e o contorno de traballo dos profesionais.

A obra, que está previsto que se leve a cabo nun prazo de 14 meses, ten no seu programa funcional unha área de medicina xeral e enfermería, 12 consultas de medicina xeral, 11 de enfermería, unha para docencia, unha polivalente, un despacho para o traballador social, unha consulta de telemedicina, unha sala de tomas de mostras, outra sala de técnicas, 1 consulta de odontoloxía, outra para hixiene dental, outra de farmacia, unha sala de raios X compartida co PAC, unha consulta da muller, unha para a matrona, unha sala de educación para a saúde, unha sala para fisioterapia con 4 cabinas de tratamento, unha consulta de fisioterapia, un despacho para xestión e outro para o coordinador.

Na área de pediatría, haberá 4 consultas de pediatría, 1 polivalente de pediatría e 4 de enfermería pediátrica.

Na área de urxencias (PAC), haberá 3 consultas de medicina xeral, 2 de enfermería, 3 dormitorios para o persoal de garda, unha sala de críticos e unha sala de observación. Outros servizos dos que disporá serán a biblioteca, sala de xuntas, sala de estar, almacéns, e arquivo.

 

- Publicidade -spot_img