spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Secretario Xeral para o Deporte participa na inauguración do IV Congreso...

O Secretario Xeral para o Deporte participa na inauguración do IV Congreso Galego Portugués de Psicoloxía do Deporte celebrado hoxe en Pontevedra

Secretario-Xeral-Lete-Lasa-Deporte-participa-inauguración-IV Congreso-Galego-Portugués-Psicoloxía-Deporte-celebrado-hoxe-PontevedraO secretario xeral para o Deporte ven de participar na inauguración do IV edición do Congreso Galego Portugués de Psicoloxía do Deporte e I Encontro da Sociedade Iberoamericana de Psicoloxía do Deporte Ibérica, celebrado hoxe na cidade de Pontevedra.

As sesións de traballo, que se celebrarán nos días de hoxe e mañá, teñen por obxecto a creación dun contexto para a difusión de traballos relacionados coa Psicoloxía do Deporte e, durante as conferencias e simposios previstos, os expertos participantes exporán os seus recentes traballos de investigación na materia, así como a súa visión do actual panorama.

Durante o curso da súa intervención, Lete Lasa remarcou ante os congresistas como “fortalecer o deporte pasa indiscutiblemente por fortalecer aos que asumen a tarefa profesional e especializada de analizar, interpretar, comprender e explicar o comportamento humano no mundo do deporte para, en definitiva, acadar unha boa actitude psicolóxica, tan relevante e necesaria como é a propia física”. Neste sentido, continuo o secretario xeral, “a competición deportiva caracterízase por un crecemento constante e acelerado da procura de resultados, o que implica un incremento notable da intensidade da vida deportiva, así como a constante busca de factores que podan estimular as capacidades dos deportistas e o establecemento de exixencias, físicas e psíquicas”.

O número de inscricións no Congreso supera aos 100 alumnos, téndose programadas 57 relatorios durante os dous días de celebración do Congreso.

- Publicidade -spot_img