spot_img
InicioBaixo MiñoO Rosal homenaxea a Javi Díaz, o porteiro rosaleiro que xa acumula...

O Rosal homenaxea a Javi Díaz, o porteiro rosaleiro que xa acumula 600 partidos na Asobal

O Rosal homenaxea a Javi Díaz, o porteiro rosaleiro que xa acumula 600 partidos na AsobalO Concello aproveitou o derbi galego entre o Acanor Novás Valinox e o Club Cisne Colegio Los Sauces para poñer en valor “a un referente do noso deporte”

O rosaleiro Javi Díaz é historia viva da liga Asobal e do deporte galego. Acumula 600 partidos na máxima categoría do balonmán estatal, un logro do que tan só poden presumir cinco xogadores en toda a historia da competición. O Concello aproveitou este fito para poñer en valor “a un referente do noso deporte” cunha homenaxe durante o derbi galego entre o Acanor Novás Valinox e o Club Cisne Colegio Los Sauces, na que se lle entregou unha placa conmemorativa cun dos pictogramas elaborados polos rapaces e rapazas do CPI Manuel Suárez Marquier na creación da nova imaxe corporativa do Concello, ademais dunha merecida ovación do público.

A alcaldesa, Ánxela Fernández, destaca a labor de Javi Díaz e afirma que no Rosal “estamos moi orgullosos e orgullosas da súa traxectoria e de cada un dos seus logros”,  e agradece que sexa “o exemplo para moitos nenos e nenas de que, con esforzo, todo os soños están máis cerca de ser reais”. Dende o Concello tamén queren agradecer ao Acanor Novás Valinox o seu gran traballo e ao Cisne por colaborar neste recoñecemento conxunto.

Para lograr este fito, Javi Díaz disputou 22 tempadas na elite desde a 1993/94, con algunha pausa na segunda categoría. Militou en todos os equipos galegos de Asobal:  Octavio, Chapela,  Teucro e agora Cangas, e tamén deixou grandes recordos en Valladolid, Villa de Aranda e Santander.

E semella que a súa carreira aínda lle quedan pasos por dar, xa que con seus 45 anos está alcanzando números que o colocan como un dos mellores porteiros da liga e unha figura fundamental no gran inicio de curso do equipo do Morrazo.

 

- Publicidade -spot_img