spot_img
InicioBaixo MiñoO Rosal descobre o mundo das aves de inverno cun roteiro ornitolóxico...

O Rosal descobre o mundo das aves de inverno cun roteiro ornitolóxico polo Tamuxe

o-rosal-descobre-o-mundo-das-aves-de-inverno-cun-roteiro-ornitoloxico-polo-tamuxeAs primeiras luces do día iluminan o río Tamuxe e a súa contorna mentres ducias de especies de aves ofrecen un espectáculo único. Para poder admiralo e coñecer un pouco máis sobre estes paxaros, o Concello organiza o roteiro ornitolóxico ‘As aves do inverno’, unha actividade de balde para conectar coa natureza e coñecer a diversidade de fauna alada que habita no Rosal nos meses máis fríos do ano.

Revista Cousas de Nº24

A saída será o domingo 2 de febreiro de 10.00 a 13.00 horas cun percorrido polo sendeiro PR-G 112 dende o pantalán do río Tamuxe ata O Puntal, en San Miguel de Tabagón, dende onde se regresará ao punto de partida. Cunha dificultade baixa e unha distancia total de 6 quilómetros, esta actividade está pensada para todas as idades, xa que combina o goce da natureza cun ritmo tranquilo e accesible.

A concelleira de Medio Ambiente, Beatriz Rodríguez, destacou a importancia de por en marcha iniciativas como esta “para poñer en valor o noso patrimonio natural. Este roteiro é unha oportunidade marabillosa para descubrir a riqueza ornitolóxica que temos ao noso redor e para concienciar sobre a necesidade de protexer o medio ambiente”. Por este motivo, a edil convida a toda a veciñanza a participar e desfrutar dunha mañá diferente e enriquecedora.

A actividade é de balde, pero as prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse previamente chamando ao teléfono 986 625 000.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.