Inicio Reportaxes O roaming 'a última fronteira de Europa' a piques de desaparecer

O roaming ‘a última fronteira de Europa’ a piques de desaparecer

roaming

O próximo día 30 de abril, as tarifas de roaming na Europa diminúen substancialmente. No que será a última fase tarifária antes da eliminación definitiva en xuño de 2017.

O Parlamento Europeo acordou as tarifas máximas que as compañías telefónicas poderán aplicar aos seus clientes, tanto en chamadas de voz, como SMS ou datos (Ver táboa).

A Asociación de Consumidores da Europa (BEUC) e os grupos de consumidores de Francia, Bélxica, Holanda e Grecia xuntáronse á campaña CERO ROAMING realizada, o ano pasado, polo Eixe Atlántico, a RIET (Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas), OCU (Asociación de Consumidores e Usuarios de España) e DECO (Asociación Portuguesa para a Defensa do Consumidor) que recolleu 117.482 sinaturas un mes.

O Eixe Atlántico mantivo a esixencia de por termo ao sobrecusto injustificado que representa o uso do móbil no estranxeiro e sempre defendeu que se trataba dunha mera cuestión de ganas políticas conforme foi demostrado a través das decisións adoptadas por Bélxica, Luxemburgo e os Países Baixos. Para o Eixe Atlántico, o roaming, considerado a ‘última fronteira da Europa’ atenta contra os principios do Mercado Interno Europeo ao afectar o dereito do cidadán de circular libremente polo territorio da Unión Europea e en particular as relacións comerciais nos territorios de fronteira.

Despois da campaña, o actual Vicepresidente da Comisión Europea, Andrus Ansip, dirixiu unha carta ao Secretario-xeral do Eixe Atlántico para agradecerlle a posición da organización sobre o acordo alcanzado polo Consello da UE para eliminar o roaming en 2017, así como polo apoio recibido coa Campaña Cero Roaming.

O Presidente do Eixe Atlántico, Ricardo Río, insistiu no impacto negativo que teñen as tarifas de roaming para as empresas da fronteira, que se veñen obrigadas a pagar como conexións internacionais, chamadas para clientas nun raio inferior a 50 km, mentres outros empresarios dentro do mesmo país, teñen tarifa plana para comunicar para máis de 500 km.

Para o Secretario-xeral do Eixe Atlántico, Xoan Vázquez Mao, o roaming “representa un travão importantíssimo para o desenvolvemento económico, a competitividade das empresas e a mobilidade, sobre todo nos territorios de fronteira”.

No caso da fronteira, recorda, “temos aínda o problema da invasión do sinal no outro país o que produce sobretaxas aos usuarios que, moitas das veces, non se apercebem da alteración da rede, converténdose, así, nun elemento máis que limita a mobilidade e competitividade das empresas ao encarecer os custos daquelas instaladas para ambos lados da referida fronteira”.

A pesar da forte oposición das operadoras telefónicas, que estiman unha perda do 2% do seu facturamento, uns 5.000 millóns de euros, un informe da Comisión de 2015 salienta que as operadoras de telecomunicacións gañarán 300 millóns de clientes cando se terminar co roaming, segundo unha enquisa realizada a 28.000 cidadáns da Unión Europea (UE).
ANEXO.-EURO BARÓMETRO
O roaming é o principal obstáculo para o uso do móbil na UE. Segundo un Euro barómetro de 2015, 70% dos europeos limita o uso do móbil cando sae do seu país e ata 94% desconecta o seu servizo de datos e non se conecta á Internet a través do móbil debido aos custos extras da itinerância.

De acordo coa pescuda, cos actuais gravames por itinerância, 47% dos usuarios nunca utilizaría a internet no móbil noutro país da UE, mentres que uns 10% usaría as mensaxes de correo eletrónico do mesmo modo que cando están no seu país. Tamén, cerca de 25% dos cidadáns europeos desconecta o móbil cando viaxan para países da Unión Europea e cerca de 20% prefire enviar SMS do que efectuar unha chamada, a pesar do 25% nunca enviar mensaxes de texto desde outro país da Unión.

NOVAS TARIFAS
As tarifas máximas para as chamadas, textos e online (descarga de datos) son:
(Fonte: Comisión Europea)

TARIFAS ROAMING PT

Para protexer o consumidor do consumo excesivo de datos en itinerância, o volume de datos descarregados no dispositivo móbil ten un límite, en todo o mundo, de 50 euros (ou equivalente noutra moeda). Tamén recibirá un aviso cando se alcanza os 80% deste límite acordado.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
308SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies