spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Real Club Náutico de Arrecife gaña en Baiona a liga Española...

O Real Club Náutico de Arrecife gaña en Baiona a liga Española de Vela

O Real Club Náutico de Arrecife gaña en Baiona a liga Española de Vela
O Real Club Náutico de Arrecife gaña en Baiona a liga Española de Vela

A tripulación do Real Club Náutico de Arrecife liderada por Leonardo “ Nete” Armas alzouse vencedora da primeira fase da liga Española de Vela – Trofeo Loterías e Apostas do Estado que se celebra en Galicia baixo a organización do Monte Real Club de Yates

Con 24 puntos na clasificación xeral final, o equipo lanzaroteño logrou unha máis que merecida vitoria tras manterse na cabeza desde o inicio da competición. Tres primeiros postos nas tres roldas disputadas desde o venres pasado na baía de Baiona. En total, 20 probas, nas que os de Arrecife participaron en 12 e lograron asinar seis primeiros e dous segundos postos.

Foron, sen dúbida, a tripulación máis regular e a que menos erros cometeu na auga, e foi precisamente esa a clave que lles permitiu facerse co triunfo final. Á fronte do equipo, o subcampión do mundo e gañador de varias Copas do Rey, “ Nete” Armas, que se rodeou de habituais compañeiros seus de navegación, como son Ricardo Terrades, Tomás Fuentes, Gonzalo Morais e Fátima Diz.

Tras finalizar a competición, o patrón e líder do equipo, mostrouse moi satisfeito co bo traballo realizado pola súa tripulación durante as tres xornadas de probas. “Somos -dixo Nete Armas- un grupo de amigos que adoita navegar xuntos, que se coñece ben e aos que non se lle deu nada mal a navegación nos Fígaros do Monte Real. E todo iso xunto, é o que nos permitiu ser campións desta primeira fase e seguir pelexando polo obxectivo de representar a España en Europa”.

A prata desta primeira fase da liga Española de Vela quedou en Galicia, de man de Miguel Fernández e a tripulación do Real Club Náutico da Coruña (27.5 puntos), formada por Jaime Araujo, Irene Rodríguez e Pablo González. O bronce foise tamén para as Canarias de man do Real Club Náutico de Gran Canaria, liderado polo olímpico e campión do mundo de 420, Onán Barreiros, e completado por María Caba, Guiomar Bonilla, Alejandro Canteiro e Luís Miguel Hernández.

Finalmente non puido entrar no podio de gañadores o equipo do Monte Real Club de Yates, organizador da competición, que quedou ás portas cun máis que meritorio cuarto posto.

O Real Club Náutico de Arrecife gaña en Baiona a liga Española de Vela
Foto de familia con algúns dos participantes na Liga Española de Vela en Baiona – Foto © María Muiña

Na entrega de premios aos gañadores, celebrada esta tarde en Baiona, participaron o presidente da Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde; o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Daniel Benavides; e o deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez. Por parte do Monte Real Club de Iates, club organizador, participou na entrega o seu presidente José Luis Álvarez, quen se mostrou moi agradecido coa RFEV por elixir Baiona para a inauguración desta nova competición. Álvarez desexoulle moitos éxitos á liga e confirmou a presenza, en próximas edicións, dunha tripulación do Monte Real.

Esta primeira parte da liga Española de Vela – Trofeo Loterías e Apostas do Estado terá unha continuación dentro de dous meses coa celebración de tres novas xornadas de probas en Mallorca, baixo a organización do Club Náutic S’Arenal. Serán os días 14, 15 e 16 de febreiro, a bordo de veleiros do tipo Bavaria B One, e dos resultados de ambas as competicións (Baiona e Mallorca) sairá o representante español para a liga Europa de Vela, na que España competirá en 2020 por primeira vez.

LIGA ESPAÑOLA DE VELA

TROFEO LOTERÍAS Y APUESTAS DEL ESTADO

CLASIFICACIÓN GENERAL FINAL (TOP 5)

  1. REAL CLUB NÁUTICO DE ARRECIFE (LANZAROTE) · LEONARDO ARMAS · 24 PUNTOS
  2. REAL CLUB NÁUTICO DE A CORUÑA · MIGUEL FERNÁNDEZ · 27.5 PUNTOS
  3. REAL CLUB NÁUTICO DE GRAN CANARIA · ONÁN BARREIROS · 30.82 PUNTOS
  4. MONTE REAL CLUB DE YATES (BAIONA)· FERNANDO YÁÑEZ · 39 PUNTO
  5. CLUB NÁUTICO CAMPELLO (ALICANTE) · IVÁN MORENO · 43.75 PUNTOS
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.