spot_img
InicioGaliciaA Comisión Organizadora do Xacobeo 21 presentará mañá o avance da programación...

A Comisión Organizadora do Xacobeo 21 presentará mañá o avance da programación do vindeiro Ano Santo

Increméntase notablemente o número de peregrinos que realizan o Camiño Portugués da CostaO documento reúne os valores recollidos no Plan Estratéxico desta celebración, que pasan por potenciar a participación e a descentralización do evento

A Comisión Organizadora do Xacobeo 21 presentará mañá o avance da programación do vindeiro Ano Santo. Será no marco do Pleno deste órgano, liderado pola Xunta e no que tamén participan representantes das distintas administracións e institucións implicadas na preparación do evento como a Delegación do Goberno en Galicia, o Arcebispado de Santiago, o Concello compostelán ou a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

O documento, co avance das accións que conformarán a programación do Xacobeo 21, reflectirá os valores recollidos no Plan Estratéxico desta celebración, presentado o pasado verán, co obxectivo de potenciar a participación de toda a sociedade neste evento e favorecer a súa descentralización, estendendo a súa influencia a todos os concellos. Do mesmo xeito, tratarase dunha programación sustentable, que busca converter esta cita nunha oportunidade para potenciar a mellor Galicia posible.

A presentación deste documento realízase a un ano antes da apertura da Porta Santa. De feito, nos últimos meses a Xunta vén traballando intensamente nos preparativos, sentando as bases e principios sobre os que se desenvolverá o Xacobeo 21, cunha ambiciosa programación e axenda institucional. Con máis dun cento de iniciativas de toda índole en marcha, puxéronse en funcionamento todos plans de mellora de equipamentos e infraestruturas e logrouse a captación de preto de 7M€ de patrocinios de iniciativa privada, unha vía que se prevé incrementar nas próximas semanas.

Citas culturais e mellora do patrimonio

No eido cultural destaca a posta en marcha de O teu Xacobeo, con máis de 300 proxectos na primeira edición realizados por toda a sociedade e repartidos por toda a Comunidade. En total, as dúas convocatorias deste programa -a primeira en execución e a segunda en fase de presentación de propostas- teñen un orzamento de 8M€.

Tamén no eido cultural celebráronse dous edicións do festival O Son do Camiño e promoveuse a creación da marca Fest Galicia para potenciar a nosa Comunidade como destino musical de calidade. En paralelo, inaugurouse na Cidade da Cultura a primeira das tres grandes exposicións do Xacobeo 21, Galicia, un relato no Mundo, que reúne no Gaiás ata abril unha escolma de pezas de institucións internacionais de gran prestixio vinculadas coa historia de Galicia como a Biblia Kennicott, o Cancionero da Vaticana ou a Santa de Francisco Asorey, entre outras.novas-accions-en-2016-para-impulsar-e-conservar-os-caminos-do-norte

Está tamén en fase de gravación Tres Camiños, a primeira serie internacional da Ruta Xacobea, un proxecto encabezado por Ficción Producciones e coproducida por Amazon Prime e Beta Films. E desde o punto de vista patrimonial, a restauración da Catedral de Santiago encara a súa recta final en paralelo á rehabilitación de Bens de Interese Cultura (BIC) tan senlleiros como o Mosteiro de Sobrado dos Monxes (Camiño do Norte), a basílica de Santa María a Maior de Pontevedra (Portugués), a igrexa de San Francisco en Betanzos (Inglés) ou á de San Pedro en Lugo (Camiño Primitivo).

Posta a punto de todos os itinerarios

Polo que respecta á posta a punto dos distintos itinerarios, o Goberno galego ten en marcha xa os grandes plans para a mellora, mantemento e posta en valor de todos os Camiños. Trátase, por unha banda, do Plan de Mantemento, dotado con 15,6M€ para acometer actuacións nas dez rutas oficiais que garantan un óptimo estado de conservación antes, durante e despois deste importante acontecemento.

Ademais, no marco do Plan de Sinalización, o investimento acada os 12M€ para a sinalización e adecuación dos distintos trazados co obxectivo de mellorar a experiencia e a seguridade dos peregrinos. Neste momento estase acondicionando a Vía da Prata, mentres que en 2020 se actuará no Camiño de Inverno, a última ruta pendente.

Tamén dentro do chamado Eixo Soporte do Plan Estratéxico do Xacobeo 21 a Xunta aprobou o Plan de Albergues, con 7M€ para a creación de oito novos albergues e a realización de melloras en toda a rede pública, que aspira a ser un referente en accesibilidade. Como exemplos, cómpre sinalar que nestes momentos estase a construír o novo albergue de Vigo e a ampliar o de Pontevedra. Por último, ata finais deste mes están abertas as axudas do Plan de Embelecemento, que cofinanciarán máis dun cento de actuacións de mellora paisaxística por parte de particulares e concellos.

E na capital, como meta da peregrinación, estase tamén preto de rematar o Plan de Revitalización do Monte do Gozo e traballase na adecuación dos accesos do Camiño.

Promoción e impulso internacional

A Xunta está impulsando ademais unha ampla axenda institucional co fin de impulsar e promocionar o Xacobeo 21 fóra de Galicia. Neste eido destacan accións como as desenvolvidas nas cidades de Glasgow (Reino Unido), Bruxelas (Bélxica), Lorient (Francia), Cracovia (Polonia), Río de Janeiro (Brasil) ou Pistoia (Italia), simbolizadas en todos os casos coa colocación dunha mouteira conmemorativa da Ruta Xacobea.

A Cidade da Cultura abre ao público o novo espazo verde do Xardín do Teatro

En clave internacional, acadáronse así mesmo acordos con institucións como o Institute of Fine Arts (IFA) da Universidade de Nova York, para a realización dun gran congreso xacobeo, ou a Organización de Estados Iberoamericanos (OEI) que, entre outros aspectos, suporá a creación da Cátedra Iberoamericana de Itinerarios Culturais, con sede no Centro Europeo de Investigación en Paisaxes Culturais (CEIPAC) que albergará o edificio Fontán e que culminará o proxecto da Cidade da Cultura.

A isto súmanse intensas xuntanzas e contactos de ámbito nacional, autonómico e local como o recente Encontro de Comunidades Autónomas da Vía da Prata, celebrado esta semana e que reuniu en Santiago a representantes de Andalucía, Castela e León, Estremadura e Galicia con importantes acordos para o impulso deste itinerario.

- Publicidade -spot_img