Inicio Baixo Miño “O Que Arde” de Oliver Laxe abrirá a programación cultural do primeiro...

“O Que Arde” de Oliver Laxe abrirá a programación cultural do primeiro semestre en Tui

“O Que Arde” de Oliver Laxe abrirá a programación cultural do primeiro semestre en TuiA proxección será o venres, 7 de febreiro. A película acadou dous Goyas esta fin de semana

A película “O Que Arde” dirixida por Oliver Laxe e producida por Miraquemira abrirá a programación cultural do primeiro semestre de 2020 no Teatro Municipal de Tui. O filme, que acadou esta fin de semana os Goyas de Mellor actriz revelación, para Benedicta Sánchez, e Mellor dirección de fotografía para Mauro Herce, proxectarase o venres 7 de febreiro, ás 21.30 h.

A programación cultural a desenvolver até o mes de maio recollida nun novo número da Axenda Cultural Corredoira será presentada este venres, 30 de xaneiro, ás 11 h na sala de reunións da casa do concello. O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura e Ensino, Sonsoles Vicente, serán os encargados de dar a coñecer os eventos previstos.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies