spot_img
InicioGaliciaO proxecto ‘Un paso limpo’ concienciará do coidado do medio no Camiño...

O proxecto ‘Un paso limpo’ concienciará do coidado do medio no Camiño de Santiago

proxecto-paso-limpo-concienciará-coidado-medio-Camiño-Santiago

O xerente da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación do proxecto ‘Un Paso Limpo’, un proxecto organizado pola Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Xapón e a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Astorga en colaboración con Turismo de Galicia e Correos.

O xerente da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez, participou esta mañá na rolda de prensa de presentación do proxecto

O obxectivo da campaña é manter o Camiño limpo, coa colaboración dos principais axentes que interveñen nel: peregrinos, albergues, hospitaleiros, asociacións, empresas privadas e administracións públicas.

Para isto, a acción busca concienciar aos peregrinos de que é a súa obriga manter o Camiño limpo, que non deben tirar o lixo ao longo do seu percorrido e que poden ser protagonistas fundamentais do seu mantemento; por non o ensuciar e por colaborar na súa limpeza.

O obxectivo da campaña é manter o Camiño limpo, coa colaboración dos principais axentes que interveñen nel: peregrinos, albergues, hospitaleiros, asociacións, empresas privadas e administracións públicas

Ademais, pretende facer o mesmo con albergues, hospitaleiros e empresas privados para que incentiven ao peregrino sobre a necesidade da conservación ambiental deste e para que realicen as actividades necesarias para conseguir os obxectivos definidos.

Así mesmo, o proxecto implica ás institucións, como responsables finais da limpeza, para que xestionen, lexislen e realicen as melloras imprescindibles para a consecución dos fins propostos.

Deste xeito, á vez que unha acción directa sobre o Camiño o proxecto constitúe tamén unha chamada de atención e un acto de concienciación sobre o coidado do medio en xeral e do Camiño de Santiago en particular, apelando ás responsabilidades e as capacidades que cada un debe ter na súa limpeza e mantemento: peregrinos, camiñantes, residentes, institucións e as nosas propias asociacións.

Nesta primeira acción “Un Paso Limpo” centra a súa labor sobre o Camiño Francés, co obxectivo de ter continuidade nun futuro próximo no resto dos camiños.

A acción conta coa participación de máis de 400 voluntarios repartidos en 48 albergues de 8 provincias, coordinados por 14 asociacións

Para o inicio da campaña distribuiranse 100.000 bolsas e luvas, 50.000 adhesivos e 150 displays.

A acción conta coa participación de máis de 400 voluntarios repartidos en 48 albergues de 8 provincias, coordinados por 14 asociacións.

Na nosa comunidade participarán un total de sete albergues da Rede Pública de Albergues do Camiño: o albergue de O Cebreiro, de Triacastela, Sarria, Portomarín, Palas de Rei, Arzúa e Arca do Pino.

- Publicidade -spot_img