A recuperación do Peto de Piñeiro e a súa contorna recoñecidos polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) na edición 2020 dos Premios Gran de Area, pola súa calidade e achega a sociedade.
O proxecto de recuperación do contorno do Peto de Ánimas de Piñeiro, desenvolto polo arquitecto Santos Vila González, foi distinguido con este galardón que, anualmente, concede o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), e que destaca o proxecto por recuperar e poñer en valor o camiño histórico que unía a vila coa Igrexa de San Miguel, en Peitieiros.
A actuación executada contou cun investimento de 48.656 euros no marco do Plan Concellos da Deputación, e centrouse na contorna do Peto de Ánimas de Piñero co obxectivo de reurbanizar esta zona destacando o seu valor patrimonial. Para iso creouse un espazo de protección en torno ao Peto de Ánimas e habilitáronse dous accesos á praza refundida mediante dous chanzos.
A execución deste espazo aberto crea unha bancada con dúas plataformas de madeira a forma de banco “para fomentar o encontro dos cidadáns, delimitándose coa plantación de árbores e dotándo de iluminación todo o espazo.”
ESTADO ANTERIOR





