spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO proxecto de Orpagu que achega maior seguridade á frota e aos...

O proxecto de Orpagu que achega maior seguridade á frota e aos produtos que captura entra na súa segunda fase

Laso y Parada al término de la presentación (Copiar)
Juana Parada, de Orgapu, y Genma Laso, ao térmo da presentación do proxecto en Navalia

Os tripulantes dos nove buques de Orpagu con banda ancha gozaron dunha marea “máis conectada”, cunha relación máis estreita cos seus familiares en terra.

Co obxectivo de coñecer en tempo real calquera fallo no funcionamento do barco para dar unha solución inmediata, Orpagu iniciou hai uns meses DIGIPRO, un proxecto de mellora da canle de comunicación en altamar que permite controlar desde terra todos os parámetros crave nos buques. Na súa fase final, permitirá crear un cadro de mandos compartido entre o patrón e o persoal de terra, coa seguridade que iso representa tanto para a tripulación como para os produtos que se manexan a bordo.

Revista COUSAS DE Nº13

A iniciativa xa superou un primeiro paso coa proba de banda ancha en nove barcos da Organización de Palangreiros Guardeses que operan en diferentes zonas e caladoiros de todo o mundo. O acceso a internet continuo e ilimitado permitiu á organización obter e identificar datos específicos representativos do total da frota guardesa. Concretamente, en parámetros como temperatura, proceso de conxelación ou consumo de combustible.

Así, Orpagu fai un seguimento dos seus barcos a través dun ‘cadro de mandos en liña’ que facilitará a detección de calquera incidencia e a posibilidade de minimizala ou corrixir o seu impacto en tempo real. Tras o proxecto piloto, coñécense, ademais, os coñecidos como “puntos de control crítico” pola súa especial relevancia desde o punto de vista sanitario.

As probas manteranse durante algunha marea máis para seguir rexistrando os datos co sistema instalado, tanto co visor apagado como co aceso, e conectado á sede da organización para estudar os resultados obtidos con ou sen apoio do cadro de mandos en liña. Ademais, DIGIPRO aposta pola dixitalización de todos os procesos, neste caso os que levan a cabo dentro do barco, o que permitirá ao sector ser máis competitivo, sostible e resiliente para afrontar calquera cambio lexislativo, nova esixencia ou calquera evento imprevisible como foi o caso da crise sanitaria provocada pola COVID.

A fase inicial tamén demostrou que DIGIPRO humaniza a actividade pesqueira, xa que permite aos tripulantes “compartir” os momentos de lecer coas súas familias e gozar de tempo de relax contemplando unha película ou un evento deportivo. Estas comodidades axudarán a facer máis atractiva a profesión para os mozos e paliar o grave problema de falta de substitución xeracional que existe na actividade pesqueira.

Plan de traballo de DIGIPRO

No último paso, tras a conclusión das experiencias no mar dos barcos pilotos, transferiranse os resultados obtidos a toda a frota de Orpagu e ao público en xeral. Desta forma, os palangreiros da Guarda mellorarán a competitividade da súa actividade, reducirán a emisión de CO2 á atmosfera, demostrarán a utilidade da dixitalización dos procesos a bordo e posibilitarán a transferencia tecnolóxica ao resto do sector pesqueiro español.

O proxecto DIGIPRO conta coa subvención do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

- Publicidade -spot_img