spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO proxecto “AS MULLERES DO TÉXTIL” recolle as vivencias das traballadoras de...

O proxecto “AS MULLERES DO TÉXTIL” recolle as vivencias das traballadoras de Regojo a través do teatro comunitario e o pódcast

O proxecto “AS MULLERES DO TÉXTIL” recolle as vivencias das traballadoras de Regojo a través do teatro comunitario e o pódcastA obra de teatro estréase os días 1 e 2 de xullo no Multiúsos da Xunqueira de Redondela e o proxecto de pódcast emítese durante todo o mes de xuño na Radio Municipal.

Revista COUSAS DE Nº17

O Concello de Redondela colabora coa iniciativa Mulleres do téxtil de José Manuel González e Roberto Casal Mouriño. O proxecto, presentado o pasado día 12 de marzo no Multiúsos da Xunqueira, continúa desenvolvéndose a través da creación da obra teatral e a emisión en paralelo dunha serie de pódcast na Radio Municipal.

Mulleres do textil recolle as vivencias de todas as mulleres que formaron parte da empresa téxtil Regojo, pilar da economía redondelá dende 1937 a 1978. O proxecto creouse coa participación do grupo de treatro afeccionado de Reboreda e a colaboración dos 4 institutos do municipio (IES Chapela, IES Floriani, IES Mendiño e IES Illa de San Simón). Os organizadores guiaron ao alumnado para recompilar información mantendo xuntanzas cun total de 22 traballadoras de diferentes xeracións para crear esta obra de teatro comunitaria. O grupo de actrices e actores está formado por parte do alumnado dos institutos redondeláns e 11 mulleres e 1 home de idade adulta sen experiencia profesional no mundo do teatro.  A obra estréase no Multiúsos da Xunqueira os días 1 e 2 de xullo ás 20:00 horas e se desenvolverá  alternando escenas corais, drama e comedia.

A alcaldesa en funcións, Digna Rivas, explica que “cando chegou as miñas mans esta iniciativa non dubidei en apoiala, pois pon en valor as mulleres traballadoras de Redondela e sobre todo de aquelas mulleres que traballaron en Regojo e forman parta da historia viva do municipio. Moitas delas comezaron a traballar con 14 anos e teñen vivencias moi importantes para a memoria de Redondela. É importante para este goberno recoñecer o traballo da muller e recuperar os espazos que lles negaron no relato histórico oficial”.

Rivas quere agradecer o traballo deste colectivo e dos 4 institutos do municipio “que uníronse co obxectivo de poñer en valor a historia de Redondela para que a nosa memoria perdure e as mulleres traballadoras de Regojo sexan recoñecidas recuperando os espazos que lles negaron no relato histórico oficial. Unha labor educativa fundamental e imprescindible de cara a unha sociedade máis igualitaria”.

En paralelo, para contextualizar e dar a coñecer o que foi e a relevancia que tivo Regojo en Redondela, decidiron tamén elaborar unha serie de catro audios en formato pódcast a partir da documentación existente en torno a esta industria e tamén en base as 14 horas de gravacións das que dispoñen desas mulleres que pasaron pola fábrica. Os pódcast estreouse o venres 9 deste mes e continuará os venres 16, 23 e 30 dentro do programa A Estación da Radio Municipal e poderanse escoitar tamén na páxina web www.radioredondela.com.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.