spot_img
InicioO Salnés47 deportistas de once comunidades participarán no Campionato de España de Pesca...

47 deportistas de once comunidades participarán no Campionato de España de Pesca Submarina que se vai celebrar en Sanxenxo

47 deportistas de once comunidades participarán no Campionato de España de Pesca Submarina que se vai celebrar en SanxenxoA proba que se celebrará este sábado e domingo terá lugar entre Punta Festiñanzo-Punta Faxilda e entre Punta Faxilda- Islote Pombeiro

Revista COUSAS DE Nº17

Sanxenxo acolle esta fin de semana, por primeira vez, o Campionato de España de Pesca Submarina con 47 deportistas de once comunidades coa colaboración do Concello de Sanxenxo.

Os participantes levan xa máis de quince días estudando os fondos mariños das zonas nas que se disputarán as dúas xornadas, Punta Festiñanzo-Punta Faxilda e Punta Faxilda-Islote Pombeiro. O concelleiro de Deportes, Daniel Arousa, e o secretario do Club Sotavento, Héctor Costa, presentaron esta mañá o campionato no salón de plenos.

47 deportistas de once comunidades participarán no Campionato de España de Pesca Submarina que se vai celebrar en Sanxenxo

A proba desenvolverase entre as 9 e as 14 horas. Unha vez realizadas as capturas deberán ser levadas á zona de pesada situada na zona do porto. Premiarase o número de especies diferentes, a cantidade e o peso. Haberá un tope de capturas por especie fixada na competición deportiva. Todas as capturas realizaranse con pesca selectiva e serán doadas a bancos de alimentos.

O campionato que contará con categoría feminina e masculina reunirá a destacados nomes da pesca submarina como Jacobo García, veciño de Aios e cinco veces campión galego; o andaluz David Montero ou os asturianos Antonio Linares e Santiago López. Na categoría feminina destacan a balear Magdalena Sart, a vasca Yaiza Romero, a cántabra Almudena Calvo ou as galegas Sandra Osorio, Isabel Arroyo, Soraya Hermida e Belén Díaz.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.