spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Porto de Vigo esixe a National Geographic que retire o vídeo...

O Porto de Vigo esixe a National Geographic que retire o vídeo que o acusa de pesca ilegal

O Porto de Vigo presentou a National Geographic un requirimento de rectificación e anulación dun vídeo promocional dun documental que elaborou co título ‘O maior porto de pesca ilegal de Europa está en España’ en alusión ao da cidade olívica.

Revista COUSAS DE Nº18

Onte a Autoridade Portuaria do Porto de Vigo, convocou unha rolda de prensa para dar a coñecer os detalles do que segundo palabras do deu presidente,  Carlos Botana, consideran que se trata dun “ataque gratuíto, inxustificado e infundado” dese medio de comunicación a “Vigo, o seu porto e o sector da pesca” e defendeu que “a pesca de Vigo é a máis sostible de Europa e o mundo”, lembrando ademáis que o de Vigo é o porto que “máis loitou contra calquera tipo de práctica ilegal, tanto desde o punto de vista social como pesqueiro ou ambiental”.

Porto_Vigo_esixe:National Geographic_retire_vídeo_acusa_pesca_ilegal

Carlos Botana destacou que a FAO pon ao porto de Vigo como “exemplo a nivel mundial na loita contra a pesca ilegal”, advertiu que esa organización internacional “forma aos inspectores de pesca de todo o mundo” na cidade galega e avisou de que non vai permitir ” ningún tipo de ataque” cara á cidade, o Porto e a pesca. “É imposible que entre pesca ilegal tendo aquí a Axencia Europea de Pesca”, subliñou o presidente da Autoridade Portuaria e aseverou que en Vigo “inspecciónase o cento por cento do peixe conxelado”, porcentaxe que cifrou no 5 ou o 6 por cen noutros portos europeos.

Fotograma do inicio do video

O primeiro paso do Porto de Vigo ante o vídeo promocional de National Geographic foi requirirlle unha rectificación, a retirada do anuncio e que se emende todo o que nel dise. O Porto anunciou que no caso de que se faga caso omiso a esa solicitude emprenderá accións legais que poden ser pola vía civil, por danos á honra e a imaxe, sen descartar recorrer á vía penal por un suposto delito de calumnias.

Documento “Requerimiento de rectificación” enviado a National Geographic.

No escrito a National Geographic, o Porto rexeita “as manifestacións que se realizan” nas publicacións ao consideralas “falsas, presuntamente manipuladas ou deliberadamente creadas para xerar un gran descrédito e desprestixio e, incluso unha influencia que desequilibraría o mercado da pesca en prexuízo do sector galego e en favor do seu competidor inglés, xustamente, país onde radica a súa empresa”.

Finalmente Carlos Botana sinala que as publicacións non foron “contrastadas, acordadas, autorizadas ou corroboradas” co Porto e a National Geographic requírelle que “non emita o documental referido ou, en caso de persistir na publicación de noticias falsas que profunden na intromisión ilexítima á honra desta Administración e de todo o sector pesqueiro galego, rectifiquen e corrixan o título e os comentarios ao tráiler inmediatamente”. Neste sentido, solicítalle que, “ao principio de todas as súas publicacións, letras brancas que abarquen toda a pantalla e fondo negro” recollan que “as afirmacións que se realizan” na cinta “non foron debidamente contrastadas, acordadas, corroboradas ou autorizadas pola Autoridade Portuaria de Vigo” e que o “porto de pesca ilegal máis grande de Europa non se atopa en Vigo”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.