spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Porto de Vigo conta desde hoxe cun lugar para lembrar...

O Porto de Vigo conta desde hoxe cun lugar para lembrar ás vítimas dos naufrágios

O Porto de Vigo conta desde hoxe cun lugar para lembrar ás vítimas dos naufrágiosTrátase dun espazo de encontro para os sobreviventes, as súas familias e a Comunidade Portuaria e está situado na Praza de Manuel Espárrago, diante do Edificio “Virxe do Carme”, no Berbés

Revista COUSAS DE Nº17

O Porto de Vigo conta desde hoxe cun novo espazo para lembrar ás vítimas dos naufraxios. Un “lugar para o recordo”, situado na Praza de Manuel Espárrago, diante do Edificio de oficinas “Virxe do Carme”, no Berbés. Un lugar de encontro para os sobreviventes, as súas familias e a Comunidade Portuaria.

Este novo espazo serve para homenaxear ás vítimas de naufraxios como o acontecido en febreiro de 2022 a bordo do Villa de Pitanxo, no que faleceron 9 persoas e desapareceron outras 12. Só houbo 3 sobreviventes. Desde entón, o pesqueiro xace a uns 1.000 metros de profundidade a unhas 250 millas da costa de Terranova.

Segundo indicou o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, este novo espazo servirá para lembralos a todos eles, así como ás vítimas doutras catástrofes no mar, como as que tiveron lugar a bordo do arrastreiro conxelador “Marbel”, que naufragou nas inmediacións das Illas Cíes en 1978 e que se cobrou un total de 27 vítimas; as de palangreiro da Guarda “Velasco II”, que se afundiu nas inmediacións das Illas Azores en 1989 deixando atrás a 11 persoas; as de “O Baía”, un cerqueiro de Cesantes que se afundiu nas proximidades das Illas Sisargas en 2004 e cuxa catástrofe se saldou con 10 vítimas ; as do arrastreiro do litoral “Mar de Marín”, que se afundiu na Ría tras chocar cun cargueiro en 2014; as da planadora artesanal “Látigo”, afundida cando estaba a faenar no illote Boeiro Agoeira, nas Illas Cíes, en 2016, con dúas persoas a bordo; ou as do cerqueiro “Sen Querer Dous”, afundido en Finisterre en 2018 e que realizaba descargas ocasionais no Porto de Vigo.

Para lembralos, a Autoridade Portuaria de Vigo acondicionou unha zona axardinada en pleno corazón do Berbés, na que se sitúa un banco ornamental e onde se situou un soporte granítico en forma de cubo de 110 cm de lado que recolle unha placa homenaxe ás 21 vítimas do Villa de Pitanxo.

Durante a homenaxe ás vítimas, Vázquez Almuiña estivo arroupado pola delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, a portavoz das familias do Villa de Pitanxo, María José de Pazo, e unha representación das familias das vítimas de Vigo, ademais doutras autoridades civís e militares.

O encontro serviu para descubrir unha placa cos nomes das 21 vítimas -9 falecidos e 12 desaparecidos- daquel fatídico 15 de febreiro, tras o que se realizou unha sentida ofrenda floral aos pés da placa, á que se sumaron familiares, amigos e demais asistentes.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.