spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Porto da Guarda acolle este sábado a regata XXI Bandeira Concello...

O Porto da Guarda acolle este sábado a regata XXI Bandeira Concello da Guarda – Memorial Antonino Torrón

O Porto da Guarda acolle este sábado a regata XXI Bandeira Concello da Guarda – Memorial Antonino TorrónA regata XXI Bandeira Concello da Guarda – Memorial Antonino Torrón disputarase na xornada do sábado día 17 de marzo a partires das 16:00h no Porto da Guarda. Trátase dunha regata de bateis encadrada na liguilla da zona sur e na que participan diversos equipos do Grove, Bueu, Cangas, Moaña, Vigo e Redondela.

Hoxe presentouse ante os medios de comunicación a regata XXI Bandeira Concello da Guarda – Memorial Antonino Torrón, acto ao que asistiron Antonio Lomba Baz, alcalde da Guarda; Montserrat Magallanes, concelleira de Deportes; Fernando Rodríguez Freitas, representante da Xunta Directiva do Clube de Remo Robaleira e Jesús Manuel Pérez Martínez, representante de ORPAGU – patrocinador principal do Clube de Remo Robaleira.

Na proba, aberta para todas as categorías dende alevín ata senior, ademais de medallas para os tres primeiros de cada categoría, dispútase a Bandeira, o premio máis relevante, á que se concursa por puntos, sendo o equipo con máis e mellores postos o gañador da bandeira.

A Concelleira de Deportes, Montserrat Magallanes, valorou moi positivamente a celebración deste evento deportivo na vila, un evento que congregará a máis de 350 deportistas en 70 tripulacións nas diferentes categorías de competición.

Antonio Lomba, Alcalde da Guarda, confirmou a súa asistencia á entrega de premios, que terá lugar a partires das 18:30h no Paseo Marítimo do Porto da Guarda

Dende o Concello da Guarda e dende o Clube de Remo Robaleira, convídase a toda a cidadanía guardesa e visitantes a animar aos deportistas nesta xornada no Porto da Guarda.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.