spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO Porriño recupera e acondiciona un dos seus tesouros naturais: O paseo...

O Porriño recupera e acondiciona un dos seus tesouros naturais: O paseo do Louro

O Porriño recupera e acondiciona un dos seus tesouros naturais O paseo do LouroConcello do Porriño licitará o mantemento e limpeza da senda fluvial e xa está en marcha o acondicionamento funcional e estético do paseo, que inclúe a reparación das pontes, bancos e plataformas de madeira no marco do Obradoiro de Emprego “Porriño Labora”

O Goberno Municipal do Porriño vén de poñer en marcha un plan de  recuperación e acondicionamento do paseo do río Louro a fin de recuperar este espazo como a alternativa verde de lecer saudable.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, anunciou hoxe que xa se traballa na licitación do mantemento e limpeza da senda fluvial. “O paseo do Louro é un lugar moi frecuentado polos veciños e veciñas para facer deporte ou pasear ao carón do río e é esencial que estea en boas condicións para poder disfrutar da contorna natural que ofrece”, explicou Lorenzo, “É o pequeno pulmón verde do centro urbano e neste momento atópase en moi malas condicións, por falta de mantemento, limpeza e iluminación”.

No marco deste plan de recuperación, iniciase tamén o acondicionamento funcional e estético da senda que discorre ao carón do río e das súas pontes. Unha labor que levarán a cabo os 10 alumnos/as traballadores/as da especialidade de carpintería do Obradoiro de Emprego Porriño Labora, promovido polo Concello do Porriño a través dunha subvención da Xunta de Galicia.

O rexedor, acompañado pola concelleira de Emprego, Rosario Costas,  persoal do Obradoiro de Emprego e técnicos municipais, visitou hoxe a zona para valorar sobre o terreo as accións que se van a acometer.

“Realizaranse reparacións no valado de madeira do paseo, repararemos os tramos das pontes que se atopan en mal estado e recuperaranse os bancos  que hai na senda que están deteriorados”, apuntou o Alcalde, “Tamén se ampliarán tramos con pavimento de madeira para poder pasear con comodidade, en definitiva, arranxaranse todos os elementos que se atopan na senda respectando a contorna natural”.

Pola súa banda, Rosario Costas, quixo destacar que estes obradoiros de emprego son “unha moi boa oportunidade para as persoas que carecen de formación xa que, se obteñen por un lado formación certificada con Certificados de Profesionalidade válidos en todo o país e á vez perciben un soldo”.

- Publicidade -spot_img