spot_img
InicioVigo e áreaO PorriñoO Porriño acolleu a Copa Galicia de Baloncesto adaptado para a categoría...

O Porriño acolleu a Copa Galicia de Baloncesto adaptado para a categoría XOGO

O Porriño acolleu a Copa Galicia de Baloncesto adaptado para a categoría XOGOO equipo de Juan XXIII impúxose no campionato seguido dos locais, o equipo de Aceesca

Revista COUSAS DE Nº13

O pavillón municipal do Porriño acolleu onte a Copa Galicia de Baloncesto adaptado para a categoría XOGO da Federación Galega de Deporte Adaptado. Ao longo de toda a mañá disputáronse seis partidos nas instalacións do polideportivo municipal.

Foron catro os equipos que se xogaron o campionato: Aceesca, Aspavi, San Rafael e Juan XXIII. Estes últimos foron os que se fixeron co primeiro posto, seguidos dos locais.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e o concelleiro de Deportes, Abel Estévez, achegáronse ao pavillón a disfrutar desta mañá de deporte e foron os encargados de entregar os trofeos aos xogadores e xogadoras.

“O meu recoñecemento público a estes deportistas que saen á cancha a dalo todo e á vez, sen pretendelo, a darnos unha lección de superación e empuxe”, afirmou o alcalde, “Son verdadeiros campións e campioas todos eles”.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.