spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Piueiro reemprende a travesía a Pasaia tras reparar o seu motor...

O Piueiro reemprende a travesía a Pasaia tras reparar o seu motor en tempo récord

O Piueiro reemprende a travesía a Pasaia tras reparar o seu motor en tempo récordOs 11 tripulantes -dez homes e unha muller- do volanteiro da Guarda saíron ás seis da mañá do porto de Malpica grazas á pericia dos mecánicos de Krug Naval, que consiguiron arranxar o motor avariado a pasada semana

Revista COUSAS DE Nº13

Ás seis da mañá deste luns, o “ Piueiro” retomaba o seu soño de participar no Festival do Mar de  Pasaia. Unha avaría no motor o pasado martes obrigou ao  volanteiro a entrar remolcado por Salvamento Marítimo no porto de Malpica e puxo en perigo a participación do barco no encontro internacional de embarcacións tradicionais de Pasaia. Tras horas de nervios e  inumerables xestións, os técnicos de  Krug Naval desprazáronse ao día seguinte a Malpica para levar o motor a Vigo  e tentar a fazaña de reparalo en tempo récord. E lográrono.

Onte a media mañá, dous mecánicos da empresa viguesa desprazáronse a Malpica co “corazón” do  Piueiro xa en perfecto estado e, tras as probas de auga pertinentes, o  volanteiro voou esta mañá cara á súa seguinte escala: o porto de Cariño, onde chegarán esta mesma tarde. Tras facer noite alí, os 11 do “ Piueiro”, que suman 701 anos, partirán á primeira hora do martes para completar as cinco etapas que quedan ata chegar a  Pasaia, onde esperan recalar o día 22 de maio.

Desde a Asociación  Piueiro queren agradecer a todas as persoas que están a contribuír para sufragar esta reparación, custosa polo complicado da mesma, e manterán o número de conta e o código  Bizum para seguir recibindo a solidariedade das galegas e galegos, ademais de empresas e asociacións que queiran achegar o seu granito de area á súa particular odisea.  Así mesmo, lembran que se sortearán camisetas do  Piueiro e unha travesía no  volanteiro entre todos os que participen nesta causa solidaria, que xa mobilizou a numerosas persoas.

O Festival de  Pasaia terá lugar entre o 26 e o 29 de maio e, tras o rotundo éxito da primeira edición en 2018, a organización do festival pretende afianzar neste 2022, tras o parón obrigado pola pandemia, o seu compromiso coa autenticidade e seguir dando protagonismo aos barcos con valor patrimonial.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.