spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaO Piueiro pide axuda para sufragar os gastos da avaría e asegurar...

O Piueiro pide axuda para sufragar os gastos da avaría e asegurar a súa participación no Festival de Pasaia

O Piueiro pide axuda para sufragar os gastos da avaría e asegurar a súa participación no Festival de Pasaia
Mecánicos e tripulantes levantando o motor

O volanteiro da Guarda sufriu un contratempo e tivo que ser asistido por Salvamento Marítimo para chegar ao porto de Malpica.

A travesía do  Piueiro, o barco tradicional guardés construído pola asociación homónima, cara ao Festival do Mar de Pasaia sufriu este martes un contratempo cunha inesperada avaría no motor que obrigou á tripulación a pedir axuda a Salvamento Marítimo para chegar ao porto de Malpica. O desánimo inicial que rendeu entre os expertos mariñeiros pronto deixou paso á esperanza grazas aos centos de mensaxes de apoio que recibiron mentres pasaban a noite no barco á espera do diagnóstico dos expertos. Este chegou á primeira hora da mañá coa visita de varios mecánicos de  Krug Naval, que desmontaron o motor e trasladárono a Vigo para analizar e reparar a avaría.

Revista COUSAS DE Nº13

A paixón dos 11 do “ Piueiro” é tan contaxiosa que os mecánicos se comprometeron a traballar o máis rápido posible para liquidar o problema e que o barco poida saír rumbo a  Pasaia o mércores ou xoves da próxima semana. Isto permitiría aos guardeses chegar a tempo para participar no Festival do Mar.

Mecánicos de Krug Naval se desprazáronse esta maña a primeira hora ao barco para desmontar el motor avariado e traballarán sen descanso para telo listo a semán que ven

Para sufragar os custos da reparación, que ao ser no motor presúmense altos, a Asociación  Piueiro habilitou un número de conta e un código  Bizum que xa anunciaron nas súas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) para que todos os que o desexen acheguen o seu granito de area e contribúan a que o  volanteiro poida seguir a súa viaxe a  Pasaia. Ademais, non só está en xogo esta travesía senón todas as actividades gratuítas de divulgación do patrimonio marítimo previstas para os próximos meses.

Esta achega económica especial permitirá aos 11 do  Piueiro, 10 deles xa de volta na Guarda grazas á colaboración do  Concelo  guardés,  contar cun simbólico tripulante máis, o número 12, no seu regreso á mar. Unha presenza talvez non física pero moi real e tan transcendente como as outras 11 para que  a singradura poida completarse. Ademais, realizarase un sorteo dunha camiseta e unha viaxe a bordo do barco entre todas as doazóns que reciba a asociación estes días.

O Festival de  Pasaia, un referente

O Festival do Mar de  Pasaia congregará a un bo número de embarcacións tradicionais entre o 26 e o 29 de maio. Tras o rotundo éxito da primeira edición, celebrada en maio de 2018 coa participación de 10 culturas marítimas representadas en 115 embarcacións e máis de 300 tripulantes, a organización do festival pretende afianzar neste 2022, tras o parón obrigado pola pandemia, o seu compromiso coa autenticidade e seguir dando protagonismo aos barcos con valor patrimonial. Neste sentido, apúntase á calidade das embarcacións e a diversidade cultural marítima como a base do carácter do  Pasaia  Itsas  Festibala. “E así o testemuñaron os 125.000 visitantes na súa primeira edición”, colixe a organización.

- Publicidade -spot_img