spot_img
InicioVigo e áreaVigoO pintor Din Matamoro ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes

O pintor Din Matamoro ingresa na Real Academia Galega de Belas Artes

o-pintor-din-matamoro-ingresa-na-real-academia-galega-de-belas-artesO sábado día 28 de novembro ás 12:30 horas, a Real Academia Galega de Belas Artes celebrou Sesión Extraordinaria Pública no Salón de Actos do Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO), para a recepción do Académico electo da Sección de Pintura e Gravado, don Eduardo Matamoro Irago, quen pronunciou o seu discurso de ingreso baixo o título de “Unha mirada distinta”

Matamoro elixiu o Museo de Arte Contemporánea vigués para iniciar a súa andaina na sesión extraordinaria púbica da academia. O auditorio quedou pequeno para albergar a todas as persoas que se achegaron ao Marco para escoitarlle

O recipiendario foi contestado, en nome da Corporación, polo membro Numerario da Sección de Expertos nas Artes don Miguel Fernández-Cid Enríquez.

Din Matamoro resultou elixido por maioría absoluta membro de Número da Real Academia Galega de Belas Artes na sesión celebrada o día 30 de maio de 2015, cubrindo a vacante, por falecemento, da pintora coruñesa María do Villar Mateo de Arenaza.

BIOGRAFIA

Naceu en 1958 en Vigo. Cursou estudos na Facultade de Belas Artes da Universidade Complutense de Madrid, na que se licenciou na rama de Pintura e Gravado.
Comezou a expoñer moi novo, en 1984, na sala da Caixa Municipal de Aforros de Vigo en Villagarcía de Arousa. Vincúlase ao Grupo Atlántica a partir de 1985. Realizou exposicións individuais e colectivas en numerosas cidades de España e de toda Europa, especialmente en Italia. Obtivo bolsa «Xóvenes Valores», da Deputación de Pontevedra e dos Talleres de Arte Actual, do Círculo de Belas Artes, Antonio Saura, Madrid. Igualmente obtivo a bolsa Colmeiro, a do Comité Conxunto Hispano-Americano de Nova York, en 1988, e da Academia de Belas Artes, Historia e Arqueoloxía de Roma, en 1990.

A súa obra foi adquirida na I Mostra Unión Fenosa e logrou segunda medalla na Bienal de Pontevedra de 1990.

A súa pintura é por completo informalista, aínda que ás veces intúense vagas referencias icónicas, de carácter onírico, emparentables co mundo de Odilon Redon. Grafismos caprichosos, un obxecto imposible inscrito nun espazo ideal, manchas sucesivas calculadamente harmonizadas, son o seu peculiar mundo. A súa materia é abigarrada, case corpórea ás veces. As correntes do chamado «Minimal Art» influíron no seu peculiar concepto plástico.

- Publicidade -spot_img