·Publicidade ·
mobipark
mobipark
InicioBaixo MiñoA GuardaO Parque Forestal de Camposancos permitiu por en valor o monte Santa...

O Parque Forestal de Camposancos permitiu por en valor o monte Santa Trega e a eliminación de especies invasoras

O Parque Forestal de Camposancos permitiu por en valor o monte Santa Trega e a eliminación de especies invasorasEsta actuación realizouse grazas a una subvención para a creación de Parques Forestais por parte da Deputación de Pontevedra, cun importe superior aos 30.000€

Na mañá do martes día 16 de marzo de 2021, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Medio Ambiente, Montserrat Magallanes; técnicos de Medio Ambiente municipais e representantes da Comunidade de Montes de Camposancos, visitaron o espazo recentemente habilitado coma Parque Forestal en terreos da citada comunidade no Monte de Santa Trega.

Este proxecto ten coma obxectivos principais a eliminación e control do incremento de acacias no monte, favorecer o espallamento de especies forestais frondosas autóctonas, de alto valor ecolóxico e a realización de traballos de prevención de incendios forestais.

As actuacións realizadas no monte estiveron encamiñadas a conquerir uhna maior biodiversidade, maior valor paisaxístico intrínseco axeitado ca sua gran importancia patrimonial, eliminar os efectos perniciosos dende o punto de vista ecolóxico das especies invasoras e reducir o risco de incendios forestais, actuando sobre unha superficie total de 77,67 hectáreas. A súa vez traballouse na rehabilitación de sendeiros que se atopaban impracticables por causa da vexetación.

Todalas actuacións realizáronse de xeito manual, excepto a retirada de parte da madeira que se fixo de modo mecanizado desde o borde de pista ao punto de trituración.

Esta actuación realizouse grazas a una subvención para a creación de Parques Forestais por parte da Deputación de Pontevedra, cun importe superior aos 30.000 €

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies