·Publicidade ·spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorAs visitas guiadas ao Xardín de Excelencia do Castelo de Soutomaior, sempre...

As visitas guiadas ao Xardín de Excelencia do Castelo de Soutomaior, sempre son unha atractiva opción turística

Ángeles Álvarez, Inmaculada Montalbán, Marisa Soleto, Gloria Poyatos, Yolanda Domínguez, Rosana Izquierdo e Mª Paz Filgueira serán as relatorasAs visitas guiadas ao xardín de Excelencia Internacional no Castelo de Soutomaior confórmanse como unha atractiva opción turística e de ocio para esta vindeira ponte de San Xosé.

A Deputación de Pontevedra, coincidindo coa etapa de floración da camelia, ten en marcha por terceiro ano consecutivo estes percorridos botánicos -sempre cun aforo reducido e adaptándose ás circunstancias e evolución da crise sanitaria- e aínda que as prazas para o sábado 20 están xa esgotadas,  quedan  vacantes para a xornada do domingo. Tamén quedan algunhas prazas libres para as visitas previstas na última fin de semana deste mes, os días 27 e 28.

As visitas guiadas ao Xardín de Excelencia do Castelo de Soutomaior, sempre son unha atractiva opción turísticaEstas visitas ofrecen a posibilidade de coñecer todas as variedades de camelias do Xardín de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior, distinguido co selo Observer de turismo científico, así como a súa orixe, coidados e curiosidades. Así mesmo, este ano o percorrido inclúe como novidade, ao abeiro da programación do 8M da Deputación, a visita ao “Xardín de Camelia con nome de muller”, o espazo creado no pasado ano 2020 coa plantación da primeira camelia María Vinyals, e completado logo coas variedades Rosalía de Castro, Bella Otero e Jane Andersen. Os percorridos tamén teñen unha parada na plantación de té de camelia existente nos Xardíns, coa explicación das diferentes variedades de té, a súa historia e os seus principais beneficios.

 

As persoas interesadas poden adquirir as entradas a través da web do Castelo,  https://castelodesoutomaior.com. As visitas están guiadas por persoal especializado e celébranse sábado e domingo a partir das 12 horas, cunha hora e media de duración. O custe é de 1,5 € no caso da tarifa reducida e de 3 € a tarifa normal.

- Publicidade -spot_img

Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies