Inicio Val Miñor Baiona O Parador de Baiona acolleu este venres os actos oficiais de apertura...

O Parador de Baiona acolleu este venres os actos oficiais de apertura da XXII Festa da Arribada que conmemora o 524 aniversario da chegada de “A Pinta”

Arribada Baiona 2017O Concello de Baiona abriu este venres a XXII Festa da Arribada que converterá a Real Vila en un grande Mercado Medieval durante toda a fin de semana. Os canonazos dende a Fortaleza declararon oficialmente aberta a Festa de Interese de Turístico Internacional que este ano conmemora o 524 aniversario da chegada da Carabela A Pinta á praia da Ribeira.

“A Arribada é sinónimo de unión e traballo, todo o pobo somos un e a súas xentes e o seus colectivos únense moitos foráneos que tamén a viven como se fose súa”, afirmou Ángel Rodal durante o seu discurso no Salón Medieval do Parador Nacional Conde de Gondomar.

O alcalde presidiu os actos aos que asistiron o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijó, e a presidenta da Deputación, Carmela Silva, entra outras autoridades. Tamén estiveron presentes os representantes dos pobos irmandados de Palos de la Frontera (Huelva), Santa Fe (Selecta), Vila do Bispo (Portugal), Pornic (Francia) e Rafael Freyre (Cuba).

o-parador-de-baiona-acolleu-este-venres-os-actos-oficiais-de-apertura-da-xxii-festa-da-arribada-que-conmemora-o-524-aniversario-da-chegada-de-a-pintaRodal deu a benvida a todos os asistentes e agradeceu os esforzos a todos os servizos implicados, dende a Subdelegación do Goberno,  Garda Civil, Forzas Armadas, grupo operativo de Emerxencias do Val Miñor e policías locais de Baiona, O Rosal, Vilaboa, Vigo, Cambados, Ponteareas e Pontecaldelas. Tamén tivo verbas para lembrar ás xentes da mar falecidas durante o último ano e fixo referencia aos alcaldes de Palos de la Frontera recentemente desaparecidos, Pilar Pulgar e Urbano Cortegano. “Dúas persoas vitais nos irmandamentos, a primeira alcaldesa da democracia en España e persoa fundamental no V Centenario do Descubrimento, e o alcalde que firmou en agosto de 1975 o Irmandamento entre Palos de la Frontera e Baiona, o seu traballo quedará para sempre”, sinalou Rodal.

O alcalde tamén tivo unha lembranza especial para o mariñeiro que da sentido á Festa da Arribada. “Non quero esquecer ao gran protagonista de cada 1 de marzo, o gran navegante Palermo Martín Alonso Pinzón, que situou con letras maiúsculas a historia da Humanidade que homenaxeamos neste acto”, dixo. “¡¡¡Benvidos a Baiona e Viva a Arribada!!!”, rematou Rodal.

Pola sua banda a Presidenta da Deputación de Pontevedra Carmela Silva mostrou o seu compromiso coa Arribada de Baiona pola súa capacidade de tender pontes entre culturas. Silva recordou a traxectoria da Festa da Arribada, declarada de interese turístico internacional, e a importancia da mesma como “exemplo integrador máis nestes tempos convulsos e difíciles nos que algúns queren construír muros”. A Presidenta provincial recordou tamén a emigración “das galegas e galegos, escapando da miseria e da represión, a América que nos abriu os seus brazos e sempre estivo ó noso carón”

o-parador-de-baiona-acolleu-este-venres-os-actos-oficiais-de-apertura-da-xxii-festa-da-arribada-que-conmemora-o-524-aniversario-da-chegada-de-a-pinta

Na sua intervención o  Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñes Feijóo,  apelou ao espírito da Arribada para seguir abrindo as portas de Galicia ao futuro: ao crecemento, á innovación e ao progreso

Fijóo afirmou que a Galicia de hoxe está chea de ‘arribadas’ con distintas formas –económicas, culturais, sociais– e de ‘baionas’ que lles abren as portas, para dar a benvida a todo o que queira participar na aventura colectiva deste pobo

Nesta liña, recordou que lonxe de sentir temor ante a nova dun novo mundo, os antigos poboadores de Baiona pensaron na oportunidade que se abría para un mundo mellor, no que o vello e o novo puidesen favorecerse mutuamente.

O titular da Xunta concluíu destacando este acto como un exemplo de que a nosa Comunidade non é unha terra de muros senón de pontes e portos; unha Galicia aberta que conquistou a admiración dos pobos que a acolleron.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

691FansGóstame
300SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies