Inicio Baixo Miño O Pacto de Tui, un feito histórico e unha oportunidade máis para...

O Pacto de Tui, un feito histórico e unha oportunidade máis para celebrar a irmandade galego portuguesa

celebrando-a-irmandade-galego-portuguesaTal e como se comentara meses atrás, o actual goberno municipal tudense, aposta pola celebración do Pacto de Tui, unha festa que pon en valor a rica historia medieval da cidade vinculándoa á firma deste tratado que tivo lugar o 4 de xullo de 1137.

Quérese rememorar esa efeméride do século XII dun xeito que non pode ser outro que “coa música como elemento de fusión entre dúas culturas que parten dunha mesma raíz”, así o comentou o concelleiro de cultura Eduardo Freiría, engadindo que tamén haberá actividades complementarias, como por exemplo, unha exposición por parte do Instituto Camões, de Vigo, que recolle a historia do azulexo luso, e na Biblioteca Municipal haberá biografía portuguesa a disposición dos lectores.

O alcalde Carlos Vázquez Padín, sen embargo, recalcou “a necesidade de por en valor e por en manifesto a historia que ten Tui, celebrando este tratado que leva en vigor dende fai  881 anos o cal é de gran relevancia histórica”.

Será unha festa estival dedicada á cultura galega portuguesa como metáfora dunha gran relación de veciñanza, e a intención é darlle continuidade.

A cita arrancará a próxima fin de semana con dúas actuacións de grandísima calidade: Sondeseu , o venres 6 e Teresa Salgueiro , o sábado 7 de xullo na rúa Compostela.

celebrando-a-irmandade-galego-portuguesaA orquestra folk Sondeseu fará unha segunda parada en Tui o venres 6 de xullo par a presentar o seu quinto traballo, Beiralúa, unha invitación á danza colectiva, á colaboración de artistas e compositores na elaboración dun repertorio variado que recolle diversos enfoques da creación musical.

Trátase dunha celebración da vida plena dunha orquestra folk, “a emoción que sinten á hora de transmitir a nosa música galega”, comentou Xaquín Xesteira . Primeira no seu xénero, que foi capaz de abrir un novo camiño na reelaboración da música de tradición oral galega. “

Ademáis dos compositores e arreglistas habituais como Anxo Pintos, Rodrigo Romaní, Xosé Liz, Xisco Feijóo e o anteriormente citado, este novo traballo conta con obras creadas para esos 50 músicos por nomes importantes no folk galego, como Quico Comesaña, Pedro Lamas, Xosé Lois Romero…

Sondeseu recolle distintas seccións que abarcan gaitas, percusión, zanfoñas, violíns, canto, arpas, corda pulsada, requintas e flautas de madeira,

Ao día seguinte, Teresa Salgueiro presentará O horizonte, un segundo álbum en solitario que editou en 2016 e co que ademáis celebrará os seus 30 anos no mundo da música. A cantante e compositora portuguesa confirma a través del as súas habilidades líricas, creando e interpretando un repertorio orixinal no que confirman por que é unha gran referencia na música do seu país e na universal.

A voz de Salgueiro interpretará os seus novos temas, propón arranxos orixinais para outros clásicos lusos e como non, revisitará os seus éxitos con Madredeus , grupo do que fora cantante e alma durante dúas décadas, acompañada ademáis por un cuarteto entre os que se atopa o seu excompañeiro Jose Peixoto.

Haberá un acceso solidario. Colocaranse un par de furnas ubicadas nas rúas Betanzos e Mondoñedo para que a xente poida facer unha doazón para os afectados de Paramos e Guillarei.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies