spot_img
InicioVigo e áreaVal MiñorO Obradoiro de Emprego "TERRAS DO MIÑOR III" acolleu a celebración da...

O Obradoiro de Emprego “TERRAS DO MIÑOR III” acolleu a celebración da xornada formativa “Queixos Galegos con Denominación de Orixe Protegida (D.O.P)

Obradoiro-Emprego-"TERRAS DO MIÑOR III" -acolleu-celebración-xornada-formativa-Queixos-Galegos-Denominación-Orixe-ProtegidaXornada formativa “Queixos Galegos con Denominación de Orixe Protegida (D.O.P) ” impartida no Obradoiro de Emprego “TERRAS DO MIÑOR III”

O obxectivo desta xornada formativa é dar a coñecer os alumnos-traballadores, de mans de expertos profesionais das distintas Denominacións, os distintos Queixos Galegos

A xornada foi impartida por Marisé Mosteiro en representación do Consello Regulador da D.O.P “Queixo Tetilla” e Oscar Pérez Ramiro en representación do Consello Regulador da D.O.P Arzúa Ulloa e San Simón de la Costa. E debido ás inclemencias metereolóxicas, Teresa Prado en representación da D.O.P Cebreiro, non puido asistir.

Obradoiro-Emprego-"TERRAS DO MIÑOR III" -acolleu-celebración-xornada-formativa-Queixos-Galegos-Denominación-Orixe-Protegida

O obxectivo desta xornada formativa é dar a coñecer os alumnos-traballadores, de mans de expertos profesionais das distintas Denominacións, os distintos Queixos Galegos.

Falouse dos procesos de fabricación e características que fan especiais aos distintos queixos Galegos. Tamén os alumnos, tanto da especialidade de Operacións Básicas de Cociña como a de Servizos de Restauración, tiveron a ocasión de participar nunha cata guiada de cada un dos distintos queixos o que contribúe en boa medida a ampliar a súa formación sobre os produtos Galegos. Na devandita cata degustáronse os Queixos Tetiña, San Simón de la Costa, Arzúa Ulloa e Arzúa Ulloa Curado.

- Publicidade -spot_img