Inicio Pontevedra O Morrazo Dúas iniciativas do Grupo de Acción Costeira ría de Pontevedra poñen en...

Dúas iniciativas do Grupo de Acción Costeira ría de Pontevedra poñen en valor o sector marítimo pesqueiro de Marín

A conselleira do Medio Rural e do Mar visitou hoxe estes proxectos promovidos polo GAC na localidade pontevedresa

Trátase da mellora de servizos na praza de abastos e do acondicionamento do acceso á praia de Aguete

Estes proxectos contaron cun orzamento total de 182.846 euros, con financiamento dos fondos FEP, do Goberno Central e da Xunta

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, coñeceu hoxe en Marín o resultado de dúas iniciativas impulsadas polo Grupo de Acción Costeira (GAC) Ría de Pontevedra en colaboración con este Concello e coa propia Xunta de Galicia. Trátase do acondicionamento do acceso á praia de Aguete e da mellora de servizos na praza de abastos, coa dotación dunha máquina de produción de xeo e a celebración dun curso sobre manipulación e presentación dos produtos pesqueiros e marisqueiros nos puntos de venda. Estes proxectos contaron cun orzamento total de 182.846 euros, con financiamento dos fondos FEP, do Goberno Central e da Xunta.

Dúas-iniciativas-Grupo-Acción-Costeira-ría-Pontevedra-sector-marítimo-pesqueiro-Marín

Nesta visita a conselleira destacou que estes proxectos supoñen a mellora dos servizos ofrecidos, o incremento do valor engadido dos produtos do mar e a difusión da contorna mariña deste municipio dunha forma lúdica para que os máis pequenos tamén se interesen neste sector.

Con respecto á primeira destas iniciativas, a mellora do acceso á praia de Aguete, o que se fixo foi dotala dunha área de ocio como medio didáctico para dar a coñecer as especies mariñas da contorna e outros elementos relacionados con este medio. O orzamento total foi de 78.887 euros.

O segundo proxecto consistiu na mellora da praza de abastos a través da dotación dunha máquina de produción de xeo, que dá servizo aos empresarios desta instalación. A posta en marcha desta máquina complementouse cun curso sobre manipulación e presentación dos produtos pesqueiros e marisqueiros nos puntos de venda. O orzamento desta iniciativa ascendeu a 103.959 euros. O curso incluíu módulos de hixiene, manipulación de produtos e a adquisición de coñecementos e desenvolvemento de ferramentas para a presentación do produto no punto de venda.

O Grupo de Acción Costeira 6 (Ría de Pontevedra) xestionou ata o de agora axudas por un importe total de 1.633.756 euros. Estas axudas correspóndense con 20 proxectos non produtivos e 16 proxectos produtivos, todos eles finalizados ou en fase de execución.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

SÍGUENOS

692FansGóstame
311SeguidoresSeguir

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies