Inicio Pontevedra O novo hospital de Vigo quedará conectado con 20 concellos da súa...

O novo hospital de Vigo quedará conectado con 20 concellos da súa área mediante liñas de autobús directas, ofrecendo a maior cobertura xeográfica das zonas sanitarias galegas

A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, informaron hoxe sobre os servizos de interurbanos ao complexo hospitalario

novo-hospital-Vigo-quedará-conectado-20-concellos-sua-área-mediante-liñas-autobús-directas-ofrecendo-maior-cobertura-xeográfica-zonas-sanitarias-galegas

O novo hospital de Vigo quedará conectado con 20 concellos da súa área mediante liñas de autobús directas, ofrecendo a maior cobertura xeográfica de transporte das zonas sanitarias galegas. A directora xeral de Mobilidade, Helena de Lucas, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, informaron hoxe sobre os servizos de transporte interurbano ao novo hospital dende as súas poboacións de referencia.

Trátase da Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Arbo, Redondela, Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario, A Cañiza, Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas

No mes de xullo, co inicio das consultas médicas, 13 concellos teñen servizos directos ao novo hospital a través de catro empresas: Melytour, ATSA, Autoindustrial e Empresa Ojea, que operan na Guarda, O Rosal, Tomiño, Tui, Gondomar, O Porriño, Mos, Ponteareas, As Neves, Crecente, Salvaterra do Miño, Salceda de Caselas e Arbo.

As empresas que prestarán servizos nestes municipios son Melytour, ATSA, Autos González, Empresa Raúl, Autoindustrial e Empresa Ojea

Posteriormente, no mes de agosto a Xunta acorda con Autos González e Empresa Raúl a cobertura a sete concellos máis e ampliarán os servizos nalgúns municipios nos que xa operan. Concretamente, Autos González dará servizo a Redondela, Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. A empresa Raúl levará as súas liñas ao Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e A Cañiza. Asimesmo reforzaranse servizos en Ponteareas As Neves, O Porriño, Mos a Salvaterra do Miño e Salceda de Caselas. Con este reforzo o concello de Mos contará con liñas dende parroquias como Petelos, Vaquero, Porteliña ou Tameiga e os concellos de Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas terán servizos dende o núcleo e non só dende as parroquias, que xa tiñan servizos autorizados.

Helena de Lucas sinala que na actualidade a Xunta está a analizar unha nova proposta de Transportes La Unión, que ofrece servizos dende O Morrazo, concretamente dende Cangas e Moaña

A maiores, Helena de Lucas sinalou que na actualidade a Xunta está a analizar unha nova proposta de Transportes La Unión, que ofrece servizos dende O Morrazo, concretamente dende Cangas e Moaña. Tamén engadiu que no que respecta aos veciños de Oia, Baiona e Nigrán poden acceder ao hospital cos servizos de ATSA, facendo transbordo coas lanzadeiras de Vitrasa en Praza América.

Os veciños de Oia, Baiona e Nigrán poden acceder ao hospital cos servizos de ATSA, facendo transbordo coas lanzadeiras de Vitrasa en Praza América

Coordinación co urbano
Por outra parte, a directora xeral de Mobilidade destacou que a mellora das conexións ao hospital pasa por unha boa coordinación co urbano, para o que se precisaría: a chegada do Vitrasa ao porto e o incremento de frecuencias dende a estación de autobuses, xa que agora só presta un servizo á hora.

De Lucas destaca que a mellora das conexións ao hospital pasa por unha boa coordinación co urbano, para o que se precisaría: a chegada do Vitrasa ao porto e o incremento de frecuencias dende a estación de autobuses

Helena de Lucas explicou que os servizos directos teñen que complementarse con servizos con transbordo ao transporte urbano e salientou que, de entrar o concello de Vigo no plan de transporte metropolitano estes transbordos serían subvencionados ao 100% pola Xunta dentro do Plan de transporte metropolitano.

A Xunta está a contratar un estudo para a mellora da penetración do interurbano na cidade, cuxa implantación suporá que os veciños de Vigo poderán acceder ao centro en lugar de ter que transbordar na estación de autobuses

De Lucas tamén indicou que a Xunta está a contratar un estudo para a mellora da penetración das liñas de transporte interurbano na cidade de Vigo, cuxa implantación suporá unha auténtica revolución do transporte para os veciños de Vigo, xa que poderán acceder ao centro en lugar de ter que transbordar na estación de autobuses, que ata o seu traslado a Urzaiz atópase alonxada. Engadiu que esta conexión sería positiva tamén para os transbordos cara ao hospital, ao poder identificarse puntos de parada de bus interurbano que proporcionen unha conexión óptima co urbano.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

+ VISTOS

ETIQUETAS

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies