spot_img
InicioVal MiñorBaionaÉxito de participación nas visitas guiadas por Baiona organizadas pola Concellaría de...

Éxito de participación nas visitas guiadas por Baiona organizadas pola Concellaría de Turismo

Éxito-participación-visitas-guiadas-Baiona-organizadas-Concellaría-Turismo

As visitas guiadas pola vila de Baiona, organizadas pola Concellaría de Turismo os mércores e sábados ás 11:00 horas desde o 15 de xullo ao 29 de agosto, tiveron unha gran acollida por parte dos visitantes da localidade.

En total, 579 persoas realizaron as visitas gratitas ao longo do verán. Durante dúas horas, unha guía oficial de Galicia, acompañou aos participantes durante un interesante percorrido por diferentes lugares emblemáticos da localidade entre os que se atopan o monumento “Encuentro Entre Dos Mundos”, o Paseo Ribeira e o Centro histórico, para terminar, como broche final da visita, cun percorrido pola Casa da Navegación de Baiona, novo recurso engadido con respecto ao percorrido do ano pasado, pois foi inaugurado o pasado 1 de marzo.

O perfil dos asistentes ás visitas é de procedencia nacional (acudiron persoas de 16 comunidades autónomas) e de 9 países diferentes. Por comunidades: Aragón, Madrid, Galicia, Andalucía e País Vasco. Máis do 50 % dos galegos procedían da nosa provincia.

A visita máis numerosa realizouse o 5 de agosto con case 70 persoas

Durante a celebración do día do Turista, o pasado 28 de agosto, realizáronse tres vistas: 2 polo centro histórico e 1 pola ruta pinzoniana (Monumento Encuentro Entre Dos Mundos, Paseo Ribeira e réplica da Carabela Pinta). Neste día as citas acolleron a un gran número de persoas, ao redor de 150.

Máis da metade dos asistentes estaban aloxados en Baiona (establecementos hostaleiros, apartamentos de aluguer, de familiares, segunda residencia,…)

A gran maioría coñeceu a existencia das visitas solicitando información na oficina de turismo de Baiona pero tamén a través de internet, de carteis expostos ou a través da prensa.

- Publicidade -spot_img