Inicio Vigo e área Mos O novo Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Mos contará como mínimo con...

O novo Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Mos contará como mínimo con 6 operarios

O novo Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Mos contará como mínimo con 6 operariosEspérase que o Grupo de Emerxencias Supramunicipal mosense poida estar operativo durante o próximo mes de febreiro

O tenente alcalde do Concello de Mos, Camilo Augusto, e o concelleiro mosense de Emerxencias e Medio Ambiente Sostible, Leo Costas, informaron hoxe de que a administración local contará, en principio, con 6 novos operarios para o GES, aínda que poderían ser máis.

Augusto e Costas anunciaron tamén que a previsión é de que o Grupo de Emerxencias Supramunicipal mosense poida estar operativo nesta primeira recta do ano, en concreto durante o vindeiro mes de febreiro. O novo GES integrarase dentro do Servizo Municipal de Emerxencias do Concello de Mos. Para elo atópase en activo o proceso de redacción das bases previo á contratación dos novos operarios.

A renovación do mapa de emerxencias de Galicia acordada mediante un recente convenio pola Xunta, a Federación Galega de Municipios e as deputacións provinciais modifica a distribución dos efectivos dispoñibles na comarca de Redondela. Así, o GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) desta localidade pasa a unirse co de Mos, aínda que ambas as bases mantéñense. Desde elas atenderanse as necesidades de Mos, Redondela, Pazos de Borbén e Soutomaior, onde onte estivo fai uns días o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, para coñecer o traballo das agrupacións de Protección Civil e dos GES na zona.

Camilo Augusto e o concelleiro mosense de Emerxencias, Leo Costas, manifestáronse hoxe satisfeitos e agradecidos á Xunta de Galicia por mellorar e completar o mapa de emerxencias que cubre o territorio galego, a través de 6 novas agrupacións -5 GES e un servizo municipal financiado pola Xunta-.

A intención do Goberno galego é crear 6 novos servizos de emerxencias -1 na provincia da Coruña, 2 en Ourense e 3 en Pontevedra-, coa colaboración dos Concellos e Deputacións Provinciais, para ofrecer unha mellor atención e tempos de resposta. E un dos 3 novos GES de Pontevedra contará cunha base no municipio mosense.

Na Comisión de seguimento dos Grupos de Emerxencia Supramunicipal (GES), tamén están representadas a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e as deputacións provinciais.

No caso da provincia de Pontevedra, contarase con tres novos Grupos Supramunicipais de Emerxencias: Arbo, A Cañiza, Covelo e Crecente serían atendidos polo GES da Cañiza; Cerdedo-Cotobade, Fornelos de Montes, A Lama e Ponte Caldelas, por un novo GES con sede en A Lama; e Mos, Pazos de Borbén, Redondela e Soutomaior, polo GES Mos/Redondela, cunha base en cada un dos dous municipios.

En materia de financiamento, a Administración autonómica reafirma o seu compromiso para seguir colaborando no mantemento dos GES, postos en marcha en 2013 en consenso entre a Xunta, Deputacións e Concellos. De feito os 6 novos servizos, suporán un incremento no investimento por parte da Xunta de case 300.000 euros, ao pasar de 4,5 a máis de 4,8 millóns de euros, o que supón máis da metade do custo anual dos GES.

A este respecto desde o Concello de Mos tenente alcalde e edil de Emerxencias, Leo Costas, solicitan que a Deputación de Pontevedra se implique na dotación de equipamento aos Servizos de Emerxencias dos Concellos en xeral e ao Servizo Municipal de Emerxencias de Mos en particular, así como a GES e Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil, das que Mos tamén conta con unha. Para estes colectivos a Xunta destinou nos últimos dez anos 15,3 millóns de euros. Ademais, as achegas do Goberno galego para financiar os cinco consorcios provinciais e comarcais de bombeiros superan os 9,8 millóns de euros.

- Publicidade -

ÚLTIMA REVISTA

Publicidade

+ VISTOS

Publicidade
Publicidade



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies