spot_img
InicioVigo e áreaVigoO Náutico de Vigo abre a serie de tres intensos fins de...

O Náutico de Vigo abre a serie de tres intensos fins de semana na ría con regatistas de todo o país

O Náutico de Vigo abre a serie de tres intensos fins de semana na ría con regatistas de todo o paísRegresa a Semana do Atlántico Ciudad de Vigo, que mantén como é tradicional os tres ciclos de competición en tres fins de semana consecutivo deste mes de outubro.

Así, o Real Club Náutico de Vigo, o seu organizador desde que a idea naceu no ano 2000 como unha maior proxección do Trofeo Martín Barreiro, anunciou as datas do evento na súa presentación, ao mesmo tempo que debutaba de forma oficial o seu novo delegado de Vela, Paco Riveras.

As regatas disputaranse esta fin de semana, días 15 e 16, para a clase Láser (ILCA), o seguinte sábado e domingo do 22 e 23 será a quenda para as clases dobres (420, Vaurien e Snipe) e acabarán as series, como é norma, co Meeting Internacional Ciudad de Vigo de Optimist, que concluiría o festivo do 1 de novembro, martes, tras empezar as mangas o domingo 30.

Na súa intervención ante os medios, José Antonio Portela, presidente da sociedade náutica viguesa, subliñou que “serán tres semanas moi intensas de navegación” para a vela lixeira nacional e tamén destacou a “relación tremendamente importante” do Náutico con Viana do Castelo, pois en augas lusas disputarase o Cidade de Viana (22 e 23), puntuable para o Desafío Semana do Atlántico, que suma os resultado de Viana aos do meeting vigués para proclamar un vencedor.

Pola súa banda, Gorka Gómez, deputado provincial de Deportes, lembrou que “o Náutico é a miña casa, tanto a miña familia como eu fomos socios moitos anos”, lembrou o recente éxito nacional de Nicolás Rodríguez en 470, “porque esta é a súa casa”, e recoñeceu que “vincular a Semana do Atlántico coa cidade de Vigo sempre é sinónimo de éxito”.

A Semana, que ampliou a súa denominación co apelido Ciudad de Vigo desde 2013, recibiu a felicitación de Manel Fernández. O edil de Deportes foi máis aló do evento que vén para aplaudir “o ano excepcional” do club vigués, co que o Concello mantén unha “permanente relación, fluída e amigable”.

Marta Fernández Tapias, delegada territorial da Xunta, destacou o nome de Martín Barreiro “e o de tantos deportistas que fixeron grande ao club en vela como Nico Rodríguez, os irmáns Araújo, Víctor Mariño ou Javier de la Gándara”, para afirmar que “Vigo é, sen dúbida, a capital da vela”.

Con prazos aínda abertos, a Semana xa conta con 242 barcos de clubs náuticos de España, Portugal, Finlandia e Italia, dos que 88 son regatistas de Láser, que entrarán en liza este sábado (14:00 horas) e domingo (11:00).

Na clase Láser (ILCA), a Náutico conta coa participación de trece sociedades náuticas de Galicia e do Cantábrico (Cantabria e País Vasco).
- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.