O conxunto de Vilaboa conseguiu a vitoria por diante do Kaiak Vigo e Piragüismo Illa de Arousa
Na tarde de onte sábado, disputouse a 2º Regata da liga Galega de Kaiak de Mar na Praia de Compostela en Vilagarcía de Arousa. O evento contou coa participación de 21 equipos e 231 deportistas
A clasificación xeral do trofeo foi liderada polo Club Náutico Cobres, quen acumulou un total de 1784 puntos. O Kaiak Vigo, con 1760 puntos, rozaba a vitoria na proba. En terceiro lugar, posicionouse o Piragüismo Illa de Arousa, con 797 puntos, completando así o podio da xornada.
A categoría senior terminaba coa vitoria de Breogán Monteagudo (Naval de Pontevedra) en K1 Sprinter, en segunda posición cruzou a meta Nicolás Parada (Piragüismo Illa de Arousa), sendo terceiro Juan Oubiña (Marítimo de Combarro). Pola súa banda, Carmela Menduiña (Ría de Aldán) logrou a medalla de ouro feminina, a prata foi para Iría Rívas (Náutico Cobres) e o bronce para Antía Vázquez (Piragüismo Vilagarcía).
A vitoria no K2 senior esprínter masculina sería para a parella do Piragüismo Cambados de Fernando Estévez e Miguel Pérez, acompañáronlle no podio Genaro Divos xunto a Antón Dourado do Piragüismo Illa de Arousa e a embarcación formada por Abel Fernández e Alex Sanromán dos Náutico Cobres.