spot_img
InicioVigo e áreaRedondelaO museo Meirande retoma as visitas teatralizadas

O museo Meirande retoma as visitas teatralizadas

o-museo-meirande-retoma-as-visitas-teatralizadasO centro de interpretación da Batalla de Rande, Meirande, retoma esta fin de semana as visitas guiadas teatralizadas. Será o sábado, día 25, cos guías oficiais do museo e a dramatización a cargo do grupo de Teatro ADC Rande. A cita é ás 18.00 horas.

Revista Cousas de nº21

As seguintes visitas teatralizadas serán o 29 de xuño e o 28 de setembro, nos dous casos con dobre sesión ás 16.30 e ás 18.00 horas.

Todas estas visitas son de balde, con reserva previa no teléfono 986 45 88 91 ou no enderezo electrónico museomeirande@redondela.gal.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

O Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural de Rande, o Meirande, ten como misión sensibilizar e concienciar á cidadanía da enorme riqueza non só histórica, senón tamén sociocultural e paisaxística da zona. Estas visitas teatralizadas ofrecen a posibilidade de coñecer este patrimonio dun xeito lúdico, o que as converte nunha alternativa de ocio ideal para público de todas as idades.

- Publicidade -spot_img