spot_img
InicioPontevedra e ÁreaO Museo de Pontevedra organiza obradoiros de cerámica e pintura para nenos...

O Museo de Pontevedra organiza obradoiros de cerámica e pintura para nenos de 5 a 12 anos

Museo Pontevedra

O Museo de Pontevedra organiza dous obradoiros para nenos de 5 a 12 anos durante o verán; do 6 de xullo ó 28 agosto desenvolverase un obradoiro de cerámica e outro de pintura art-natura.

O prazo de inscrición será do mércores 3 ó sábado 13 de xuño; hai 84 prazas dispoñibles

Hai 84 prazas dispoñibles que se repartirán segundo as franxas de idade, unha destinada ós nenos de 5 a 8 anos e outra ós de 9 a 12 anos.

Prazas limitadas

Todas as persoas interesadas en participar nestes obradoiros de verán poderán inscribirse no Rexistro xeral da Deputación do mércores 3 ó sábado 13 de xuño.

Debido a que o número de prazas para cada un destes obradoiros é limitado (15 prazas para cada unha das quendas do taller de cerámica e 12 para as do taller de pintura), no caso de haber máis solicitudes ca prazas, estas adxudicaranse mediante un sorteo que terá lugar o 22 de xuño. O martes 23 de xuño publicarase a relación de admitidos no taboleiro de anuncios do Pazo provincial e nas páxinas web doMuseo e da Deputación.

Do 6 de xullo ó 28 de agosto

Estes obradoiros realizaranse en seis quendas durante os meses de xullo e agosto.

Os obradoiros de cerámica desenvolveranse en catro quendas: do 6 ó 10 de xullo e do 21 ó 24 de xullo para os nenos de 5 a 8 anos; e para os máis maiores, de 9 a 12 anos, realizarase un obradoiro do 13 ó 17 de xullo e outro do 27 ó 31.

Establécese un máximo de 15 participantes para cada unha das quendas.

No caso do obradoiro de pintura art-natura hai 12 prazas para cada un dos dous talleres que se van realizar: o primeiro terá lugar do 17 ó 21 de agosto e está dirixido ós nenos máis pequenos (de 5 a 8 anos de idade); o segundo obradoiro de pintura terá lugar do 24 ó 28 de agosto e nel poderán participar os nenos de entre 9 e 12 anos.

Todas estas actividades son de balde e buscan espertar a creatividade dos máis cativos, así como dar a coñecer, dunha forma diferente, as coleccións e espazos do Museo de Pontevedra.

Obradoiro de cerámica

A través dos anacos de cerámica castrexa atopados nos diferentes castros galegos, o mestre de olería da Asociación Alba, Germán Iglesias del Río, achegaralles ós nenos as técnicas de elaboración da olería desta etapa, así como algunhas das decoracións máis habituais nos diferentes tipos de olas e louza cerámica, das que hai unha  importante representación no Museo.

Obradoiro de pintura art-natura

Este ano o obradoiro de pintura está dedicado á obra do artista venezolano, de ascendencia galega, Darío Álvarez Basso, un pintor cunha obra tamén representada no Museo de Pontevedra.

Impartido por Liliana Rey Figueroa, este obradoiro permitiralles ós máis pequenos crear texturas e formas plásticas a partir de elementos naturais e culturais do noso contorno.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.