spot_img
InicioPontevedra e ÁreaPontevedraO Museo de Pontevedra celebra a quinta Semana Lorquiana cun concerto ilustrado,...

O Museo de Pontevedra celebra a quinta Semana Lorquiana cun concerto ilustrado, unha andaina pola cidade e visitas escolares

o-museo-de-pontevedra-celebra-a-quinta-semana-lorquiana-cun-concerto-ilustrado-unha-andaina-pola-cidade-e-visitas-escolaresO concerto celebrarase o mércores 15 de novembro, ás 19:00 horas, e a camiñada o sábado 18 ás 12:00 horas, ambas actividades dirixidas a público adulto

Revista Cousas De Nº19

O Museo de Pontevedra celebra, por quinto ano, a Semana Lorquiana, un conxunto de actividades dedicado a lembrar as visitas de Federico García Lorca á cidade. A próxima semana, do 14 ao 18 de novembro, o Museo acollerá visitas con contacontos concertadas con centros escolares e dúas actividades dirixidas a público adulto: un concerto ilustrado e unha camiñada lorquiana pola cidade.

O mércores 15 de novembro ás 19 h no Edificio Castelao, terá lugar o concerto ilustrado ‘Federico García Lorca, poeta galego’. Trátase dun espectáculo dirixido a público adulto no que a través da narración, a música e a ilustración se fai un percorrido pola obra e a estadía galega de Federico García Lorca.  A actuación corre a cargo de Marcelo Dobode, Víctor Movilla, Tania Solla, Antón Ke e Polo Correo do Vento.

O sábado 18 de novembro farase unha andaina pola cidade,  co título ‘Federico Garíca Lorca en Pontevedra’. Está dirixida a público adulto e terá a saída ás 12 horas desde o Edificio Castelao. Para participar é preciso inscribirse no correo polocorreodovento@hotmail.com.

Ademais, durante toda a semana, do 14 ao 17 de novembro, realizaranse sesións orais para escolares de centros de Pontevedra con narracións para público infantil nas que se relaciona a presenza de García Lorca cos fondos do Museo de Pontevedra. Toda a programación da Semana Lorquiana está a cargo da empresa cultural Polo Correo do Vento.

Lorca en Pontevedra

A relación de Federico García Lorca con Galicia levouno a definirse como “poeta galego” e escribir na nosa lingua os seus ‘Seis poemas  galegos’. Visitou Galicia en tres ocasións, dúas delas en 1932 e en ambas pasou por Pontevedra. A primeira foi en agosto á fronte do grupo teatral La Barraca. A segunda foi en novembro, cos responsables da revista Cristal como anfitrións. En Pontevedra escribiu un fermoso soneto iniciado co verso “Yo sé que mi perfil será tranquilo”, que viu a luz publicado no número 6 de Cristal.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.