spot_img
InicioAs COUSAS DE CastelaoO Museo de Pontevedra acolle unha xornada con protagonistas do retorno dos...

O Museo de Pontevedra acolle unha xornada con protagonistas do retorno dos restos de Castelao a Galicia

o-museo-de-pontevedra-acolle-unha-xornada-con-protagonistas-do-retorno-dos-restos-de-castelao-a-galicia
caixa de Castelao entra en Bonaval entre aplausos e protestas. ©Xan Carballa/Museo de Pontevedra.

A xornada desenvolverase o venres 28 de xuño, coa participación de Tareixa Navaza, Javier Baltar, Henrique Monteagudo, Xan Carballa e Xosé Enrique Acuña

Revista Cousas de nº21

A conmemoración do 40 aniversario da chegada a Galicia dos restos mortais de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao continúa no Museo de Pontevedra. Logo de organizar a exposición ‘Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías’, que pechou as súas portas o 2 de xuño, o Museo reúne agora protagonistas e estudosos daqueles acontecementos xusto no día que se cumpren catro décadas da xornada de regreso e soterramento do corpo do intelectual galeguista.

A xornada ‘Arredor dun feito histórico. O retorno de Castelao a Galicia, 28 de xuño de 1984’, celebrarase na tarde do próximo venres 28 de xuño no Edificio Castelao, de 16:30 a 20:00 h. A xornada está dirixida por Xosé Enrique Acuña e o acceso é libre. Entregaráselle un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal.

Tras a presentación a cargo da directora do Museo, Ángeles Tilve, desenvolverase unha mesa redonda sobre a visión daquela data desde o punto de vista xornalístico. Xosé Enrique Acuña, comisario da recente exposición sobre esta data celebrada no Museo, falará sobre as connotacións históricas dese día en relación co fotoxornalismo; Xan Carballa, autor dunha reportaxe fotográfica para A Nosa Terra, que foi o eixo de dita exposición, falará desde a experiencia da súa cobertura informativa; e Tareixa Navaza, que retransmitiu en directo aqueles acontecementos para TVE, exporá a súa visión duns feitos dos que se converteu en protagonista a posteriori polo impacto da súa narración televisiva.

“Estamos moi satisfeitos e encantados de poder traer este evento a Galicia. É unha competición que reafirma o noso proxecto, e o feito de que estas tripulacións visítennos e estean aquí non pode ser máis que unha satisfacción. Estamos moi agradecidos a Turismo de Galicia, e as Administracións en xeral, porque sen eles non sería posible”, dixo o presidente do Monte Real, José Luis Álvarez, tras finalizar a entrega de trofeos. A 44 CUP Baiona 2024 estivo organizada polo Monte Real Club de Iates co patrocinio de Turismo de Galicia e a colaboración da Deputación de Pontevedra, Gestilar, Adegas Terras Gauda, Volvo Autesa e Deporte Galego.

A continuación desenvolveranse dúas conferencias. A primeira, a cargo dun dos protagonistas daquela xornada: Francisco Javier Baltar Tojo, valedor, protector e herdeiro das irmás de Castelao, que como avogado da familia acompañou a Tereixa Rodríguez Castelao na chegada dos restos do seu irmán e participou nas negociacións previas á chegada. Baltar falará da intrahistoria daquelas negociacións.

A segunda conferencia será a cargo de Henrique Monteagudo, profesor e investigador, autor de varias publicacións sobre Castelao. Centrarase nas diferencias políticas dentro do nacionalismo que se manifestaron arredor do acontecido o 28 de xuño de 1984 e como estas entroncan cunha historia anterior de diverxencias, tanto en Arxentina como en Galicia. A xornada pecharase cun coloquio conducido por Xosé Enrique Acuña.

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.