Mañá sábado 8 XUÑO chega ao MARCO unha selección das mellores curtas do HUMUS FILM FESTIVAL
Promovido por La Casa Encendida (Fundación Montemadrid) #humusfilmfest é o primeiro festival internacional de curtametraxes sobre horta e cidade, que dende 2016 foi ampliando o seu foco con experiencias e proxectos que falan de novas ruralidades, conexións campo-cidade, natureza e medio ambiente.Nesta selección itinerante, as curtas afeccionadas conviven con obras de profesionais, mesturando humor, surrealismo e propostas experimentais.
PROGRAMA E HORARIOS:
SÁBADO 8 xuño ás 19.00 = presentación con Alberto Peralta, director do Festival, en coloquio con Fran Quiroga, e proxección das curtametraxes
Lugar: sala Galería A3, planta baixa
Entrada libre ata completar capacidade
A partir do DOMINGO 9 de xuño
Proxección en continuidade cada sábado e domingo de xuño durante o horario de apertura do museo:
Sábados de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00
Domingos de 11.00 a 14.30
Lugar: sala Galería A3, planta baixa
Entrada libre ata completar capacidade




