spot_img
InicioVal MiñorBaionaO Museo da Navegación de Baiona acolle unha exposición sobre a volta...

O Museo da Navegación de Baiona acolle unha exposición sobre a volta ao mundo da corveta S.M.C. Ferrolana

o-museo-da-navegacion-de-baiona-acolle-unha-exposicion-sobre-a-volta-ao-mundo-da-corveta-s-m-c-ferrolana@CasadaNavegación

Trátase dun novo proxecto expositivo para a planta baixa da Casa da Navegación, un espazo accesible a todos aberto ao público dende o 17 de outubro.

O contido céntrase na viaxe ao redor do mundo desta corveta de guerra (o derradeiro barco da Armada propulsado a vela), para alcanzar diversos obxectivos: militares –coa formación de novos garda mariñas-, diplomáticos e económicos -para manter as relacións comerciais coas terras que se estaban independizando en América e manter a presenza en Filipinas, así como transportar a Australia o primeiro grupo de relixiosos encabezados por F. José María Benito Serra con 6 sacerdotes, 6 relixiosas e 18 misioneiros artesáns que van construír a primeira igrexa católica da que logo será bispo Fray Rosendo Salvado.

estreno-en-tui-da-serie-documental-rosendo-salvado-aventura-e-mision-dun-galego-en-australia
Rosendo Salvado recreado con IA por Marcos Mosquer

Para a tripulación supuxo unha experiencia única na que non só enfrontaron unha longa viaxe e os problemas de navegación xurdidos en cada mar, tamén pola oportunidade de coñecer outras terras e outras culturas.

O rico vocabulario de navegación e as técnicas, a xeografía, outros nomes de países que xa en desuso, outros tipos de barcos. A narración directa desta navegación, recollida no diario persoal de Ramón L. Barreiro, piloto naval de Foz (Lugo) é un documento inédito e único que nos leva nesa viaxe de mediados do século XIX, ofrecendo moitos datos técnicos, pero tamén a súa experiencia persoal.

O financiamento é mixta entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia e o Concello de Baiona a través da Concellería de Cultura.

Horario da exposición: de martes a venres de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00 horas

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.