spot_img
InicioCondado ParadantaO Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra do Miño retoma a...

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra do Miño retoma a súa actividade habitual

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra do Miño retoma a súa actividade habitual O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, situado dentro do Castelo de Dona Urraca no municipio de Salvaterra de Miño, retomou a súa actividade habitual con novos horarios de atención ó público e maneiras de achegarse ós contidos museísticos

Cousas de revista nº16

O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea aposta de maneira inquebrantable pola excelencia valéndose da historia e da súa tradición. Un museo didáctico, experiencial e interactivo que procura por en valor a marca propia “Condado do Tea” así como promocionar un territorio unido baixo a Denominación de Orixe Rías Baixas

Os días de apertura ó público serán de xoves a domingo en horario de 11h a 14h e de 17h  a 19h. Ampliándose os días visitables cara a tempada de verán coa apertura tamén ós mércores.

En prol da maximización dos recursos tecnolóxicos dos que dispón o museo, as visitas guiadas faranse mediante unha aplicación que o visitante poderá descargar no seu teléfono ou dispositivo móbil.

O Entorno da Fortaleza de Salvaterra de Miño recibe o recoñecemento de Calidade Turística 2020

As visitas para grupos precisan de reserva previa que deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico: museocienciavino@concellodesalvaterra.org

- Publicidade -spot_img

[adrotate group="3"]
[adrotate group="2"]
[adrotate group="4"]
[adrotate group="5"]

Información das cookies

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.